Xoves, 13 Novembro de 2025

Comarcas

Últimos días para inscribirse na III Mostra Creativa do Baixo Miño

O Concello da Guarda continúa apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que existen na comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Nigrán restaura a batería militar de Monteferro

Os canóns de Monteferro veñen de retroceder no tempo 100 anos para lucir como na súa orixe. Esta milagre foi posible grazas ao investimento de 16.758 € por parte do Concello de Nigrán a través dunha liña de axudas da Deputación de Pontevedra destinada á restauración e sinalización de elementos patrimoniais de titularidade municipal dentro da provincia.

Falece un home ao descargar un coche en Redondela

Falece un guindastrista ao quedar atrapado entre o seu vehículo e un muro cando descargaba un coche en Redondela. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

O Concello de Baiona reforza o baldeo das rúas e a limpeza

O Concello de Baiona, reforza os servizos básicos de limpeza e baldeo intensivo no municipio. Durante os últimos días, un equipo integrado por varias persoas está a traballar co apoio da máquina varredora e máquinas de baldeo a presión para mellorar a limpeza viaria e a imaxe xeral do estado da localidade.

A praia do Muíño volve a lucir este verán o distintivo de Bandeira Azul

Esta tempada de verán as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do concello da Guarda recibiron o distintivo de Bandeira Azul outorgada pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor).

Visita da concelleira de Deportes de Baiona aos campus de Danza e de Tenis de Mesa

A concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, realizou esta semana unha visita ao Campus de Danza que se está a celebrar durante esta semana nas instalacións do pavillón municipal de deportes.

Mos homenaxea ás Lagharteiras pola colaboración no Himno do Centenario do Celta con C Tangana

Este mediodía celebrouse no Concello de Mos unha recepción ao grupo musical de Mos, As Lagharteiras, en recoñecemento pola súa colaboración co tema ‘Oliveira dos cen anos’, Himno do RC Celta conmemorativo do centenario do clube celeste, que se celebra este ano 2023 (concretamente o vindeiro 23 de agosto).

Grandes Festas de Santa Cristina en Baiona

Os próximos días 22, 23 e 24 de xullo terán lugar as grandes festas na hora de Santa Cristina en Sabarís no concello de Baiona.

A primeira proba de Depo Orienta deste ano será no monte Aloia

200 persoas participarán este domingo, 16 de xullo, na primeira das rutas do programa “Depo Orienta” da Deputación de Pontevedra, que transcorrerá polo Monte Aloia de Tui con todas as prazas esgotadas.

O Rosal prepara novas visitas guiadas de balde este verán

O Rosal prepárase para un verán de turismo e lecer para gozar da natureza e da historia coñecendo un pouco máis o patrimonio cultural e etnográfico do municipio.

O Castro British School proclámase “o colexio máis verde de Mos” tras realizar unha macro instalación de paneis solares

A semana pasada en O Castro British International School, e como parte da colaboración de Globeducates con Endesa X, completouse a instalación de 94 paneis solares fotovoltaicos. Este proxecto contou coa participación de toda a comunidade escolar, incluídos os alumnos, que foron o centro da proposta e tamén dos beneficios potenciais.

A Xunta leva un “escape room” de dinamización lingüística a Ponteareas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación do escape room "O circo do silencio", unha actividade dirixida especialmente á mocidade que pasará por 10 concellos galegos dentro da programación do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta.