18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaÚltimos días para inscribirse na III Mostra Creativa do Baixo Miño

    Últimos días para inscribirse na III Mostra Creativa do Baixo Miño

    O Concello da Guarda continúa apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que existen na comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

    Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. Desde o Concello queren agradecer a boa disposición para sumar esforzos de ORPAGU e establecer lazos de colaboración.

    Convídase a todos os deseñadores, marcas e artesáns da comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/20230411_Resolucion_DECRETO-2023-0565-DECRETO-DE-ALCALDIA-DE-APROBACION-DE-BASES-III-MOSTRA-CREATIVA.pdf) cubran a ficha de inscrición (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/20230411_Ficha-de-inscripcion-2023.docx ) e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com

    Xa son máis de 20 os inscritos para esta terceira edición, entre eles:  Acontravento (roupa), Anxo Ferreira (cantería), Vikensen (madeira), Merino Coqueta (fieltro e lá), Little Vero (roupa), Vargas Lemos (xoieria), Mar.jewelrin (xoieria), Coco bisutería (xoieria), Sapone di Principesca (cosmética natural), É Fish (xoieria), Marina Alonso San Miguel (ilustracións), Sapoconcho (ilustracións), Tullavecord accesorios (en madeira, resina, etc.), Cuchituras design (accesorios para o pelo), La casa taller (pintura), Pazosketchbook (pintura), Luc&Luc (roupa), Sil Domínguez (roupa),  Breaktime (Ilustración sobre prendas) e Lana (Amigurumis).

    Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a Mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Por isto convidamos a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que aproveiten os últimos días que restan de inscrición e cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com.

    PROGRAMACIÓN

    Sábado 29 de xullo de 10:30 a 15:30 h e de 18:30 a 22:00 h.

    11:00 h – Obradoiro infantil con caricaturista*

    13:30 h – Pasarrúas co Trebón dos Xidos dende a Praza de Avelino Vicente ata o Porto*

    18:30 h – Obradoiro infantil de xoguetes realizados con materiais de refugallo a cargo de Diviertte

    19:30 h – Concerto de Rock&Roll de Castro & Los Escoltas

    *Actividades integradas na Festa do Peixe Espada

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS