Mércores, 12 Novembro de 2025

Comarcas

Aberto o prazo de inscrición nun novo curso sobre uso de tecnoloxía móbil para maiores

Desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos e concretamente desde a Concellería de Participación Cidadá, que dirixe a edil Julia Loureiro, infórmase da organización dun novo Taller: Expertclick de uso de apps móbiles para Maiores de Mos para o que xa se atopa aberto o prazo de inscrición.

O Concello de Nigrán colabora con ‘Bolos da Carrasca’ na súa semana cultural

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Deportivo 'Bolos da Carrasca' para organizar a súa 'XXVIII Semana Cultural' que arranca hoxe e que ten o seu día grande o venres 11 de agosto coa undécima festa dos ovos con chourizo, evento gastronómico que o goberno local promoverá para que obteña o distintivo de 'Interese gastronómico galego'".

Salvaterra celebrará un torneo de fútbol modesto e de base

A empresa Electra Alto Miño vén de pechar un acordo co Concello de Salvaterra de Miño para recuperar o “Memorial EAM Matías Candeira”, torneo de fútbol modesto e de base que se celebrará en categoría senior o vindeiro 19 de agosto a partires das 17:30 horas no Campo Municipal de Dextros (Salvaterra de Miño)

O faladoiro “Aquí faltan páxinas” céntrase na redondelá Ernestina Otero

A historia da mestra redondelá Ernestina Otero protagoniza este mes de agosto o programa da Deputación “Aquí faltan páxinas”, un ciclo de relatos sonoros e conferencias que nace da colaboración da institución provincial con O Cable Inglés para dar a coñecer a traxectoria de mulleres galegas extraordinarias.

Fernando Bartolomé presenta hoxe o seu libro en Baiona

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle hoxe martes, 8 de agosto, ás 20:30 horas a presentación do libro de Fernando Bartolomé: "Gondomar. El Embajador. Diplomacia y arcabuces".

A Cañiza retoma, despois de 12 anos, o Curro do Pedroso

Este domingo, 6 de agosto, a Asociación Cabalar Pedroso de Ribadil recuperou a celebración do curro, algo que non ocurría desde hacía 12 anos. A soleada xornada foi todo un éxito, contando co apoio do Concello, da veciñanza e do público asistente.

O Concello de Tui solicita un novo obradoiro para acondicionar a Senda río Miño

O Concello de Tui presentou á Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia a solicitude dun obradoiro de emprego cunha duración de doce meses e un investimento previsto superior aos 700 mil euros

Hoxe comeza o festival Chandefolk cunha observación de perseidas

O Concello de Nigrán quece motores para o gran concerto do Chandefolk (luns 14 con Susana Seivane) ofrecendo este martes 8 de agosto unha observación nocturna das perseidas guiada por un experto do Centro Astronómico de Trevinca desde as 22:00 horas no 'Bosque da Memoria'.

Arranca no Porriño unha exposición para a concienciación sobre o cambio climático nas emerxencias

O Porriño acolle a primeira das exposicións itinerantes organizadas pola AXEGA que terán lugar na área transfronteiriza para concienciar á poboación ante as emerxencias derivadas do cambio climático e dos desastres naturais.

A Xunta humanizará unha nova rúa do centro urbano de Arbo

A Xunta de Galicia destinou ao redor de 315.000 euros á humanización dunha nova rúa no concello de Arbo para liberar o tráfico do centro urbano da localidade ao comunicar a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400.

Éxito absoluto do ‘Flota como poidas’ na Ramallosa

O Concello de Nigrán festexou este domingo 6 de agosto o seu evento máis surrealista e hilarante do verán: a concentración de artefactos flotantes 'Flota como poidas'.

O Rosal Cámara Fest pecha mañá a súa cuarta edición

O IV Rosal Cámara Fest remata mañá cun concerto da formación Camerata Arven, que se realizará na Igrexa de Santa Mariña ás 21 horas. A actividade é aberta ao público e de balde.