Mércores, 17 Setembro de 2025

Comarcas

Covelo merca un inmoble para ampliar a biblioteca pública municipal

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que tivo lugar a formalización da compra dun piso ubicado no edificio das salas multiúsos para a ampliación da biblioteca pública municipal.

Homenaxe ás rosaleiras co concurso de fotografía ‘Mulleres que inspiran’

O Rosal ten nome de muller e quere retratalo. O Concello convoca o concurso de fotografía ‘Mulleres que inspiran’, un certame que busca facer unha homenaxe ás avoas, nais... e recoñecer o labor destas mulleres como piares das familias e da sociedade, ao tempo que se fomenta a creatividade artística e a participación cidadá.

O goberno de Ponteareas cumpre a legalidade na convocatoria da comisión da EDUSI

A alcaldesa de Ponteareas e o actual grupo de goberno mostran a súa sorpresa a ante iniciativa presentada pola oposición respecto á convocatoria urxente da Comisión de Seguimento da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, coñecida popularmente como EDUSI.

Nigrán ofrece en Gaifar o festival de percusión afrobrasileira ‘Apertuke’

O Concello de Nigrán, un ano máis e como despedida xa do verán, ofrece o 16 e 17 de setembro o IV Festival de Percusión Afrobrasileira “Apertuke”, organizado a través da Asociación de Percusionistas e Tamborileiros 'Aperta'.

A Aula CeMIT da Guarda acolle este outono 5 cursos de habilidades dixitais

A aula CeMIT da Guarda, sita no primeiro andar do Centro Cultural, acolle a partires do mes de outubro 5 novos cursos de habilidades dixitais.

A Xunta mellora o firme da PO-400 ao seu paso por Arbo, Crecente e As Neves

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de Crecente. Tras o recibimento na Casa do Concello, o delegado visitou, xunto ao alcalde, a PO-400, onde a Xunta está a desenvolver unha actuación de mellora do firme.

Porriño acolle hoxe a Atios Cup

O campo de fútbol do Carballo acolle hoxe sábado, 16 de setembro, unha nova edición da ATIOS CUP, o torneo de fútbol base organizado pola Unión Deportiva Atios.

Redondela celebra o III Choquiño Urban Jam

A alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de Deportes, Iván Valles e membros da organización presentaron a terceira edición deste festival de cultura urbana que se vai celebrar o sábado día 16 de setembro no skatepark de Redondela.

Adxudicada a obra de mellora nos Eidos de Arriba, en Sela

O Concello de Arbo, adxudica as obras para a Mellora de viais nos Eidos de Arriba (Sela) por un importe de 108.250,30 €- financiados con cargo o Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2022-2023, dentro da Liña 1 – Investimentos – ANUALIDADE 2023.

Monte Real Club de Iates de Baiona lánzase a navegar co deporte adaptado

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe a importancia que ten o deporte adaptado para facer novas compañías e amigos, así como para a saúde, autonomía e desenvolvemento persoal.

O Porriño busca voluntarios para unha actividade medioambiental

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Xuventude (OMIX), que dirixe Antonio Barros, fai un chamamento á cidadanía porriñesa interesada en botar unha man, participe como voluntaria nos labores de limpeza e eliminación de especies invasoras que se levará a cabo no río Couso en colaboración coa asociación ecoloxista Verdegaia.

O Rosal amosa as súas boas prácticas ambientais ao presidente da Illa do Príncipe

O Concello do Rosal mantén unha aposta decidida pola sostibilidade ambiental en todas as áreas municipais co obxectivo claro de converterse nun modelo de avance sostible, respectuoso e responsable do rural galego.