Mércores, 17 Setembro de 2025

Comarcas

Continúa o Ciclo Mestre Mateo en Baiona

Baiona acolle este venres 22 de setembro un novo pase da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

Celebración en Chapela coa VII edición do “Día do Remo”

Chapela acollerá este sábado, día 23 de setembro, a VII edición do Día do Remo. "Unha xornada de deporte, cultura e gastronomía en torno a este deporte con tanto arraigo no municipio de Redondela", sinala a alcaldesa Digna Rivas.

O Porriño ofrecerá monólogos polas Festas do Cristo

As tardes de humor regresan á Vila do Louro polas Festas do Cristo. Tres grandes monologuistas se darán cita na praza Arquitecto Antonio Palacios para facer as delicias dos amantes da comedia.

Xornada de observación estelar no Castelo do Faro en Covelo

O Concello de Covelo organiza unha nova xornada de observación estelar. En colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, e dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana corenta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar na paraxe starlight do Castelo do Faro.

Máis de 1.000 nenos de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade

Para conmemorar o Día da Cooperación Europea, a Eurocidade Cerveira-Tomiño entregou este mércores a guía turística ‘A pequena gran historia - Eurocidade Cerveira-Tomiño’ a máis de 1.000 nenos de entre 6 e 12 anos de ambos os dous concellos.

Nigrán establece un servizo técnico para informar sobre o PXOM

O Concello de Nigrán establecerá desde o luns 25 de setembro ao venres 6 de outubro un servizo específico de atención a persoas interesadas en coñecer detalles concretos do documento previo do PXOM que se proporá para aprobación provisional.

Salvaterra presenta os cursos para maiores de 65 anos

O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar os cursos para persoas maiores de 65 anos que se desenvolverán durante os próximos meses.

Juan Magan, cabeza de cartel do Louro Valley Festival

O Porriño acollerá este venres 22 de setembro unha nova edición dun dos eventos musicais estrela das Festas do Cristo: o Louro Valley Festival.

A mesa intersectorial da saúde constituíuse onte en Ponteareas

Onte pola mañá constituíuse a mesa intersectorial da saúde no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Ponteareas.

Aberta a inscrición para Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui

Até o venres 28 deste mes de setembro está aberto o prazo de inscrición para cubrir as prazas vacantes no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui.

Salvaterra continúa co programa “Xuntas”

Na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño tivo lugar un novo obradoiro dentro do Programa “Xuntas”, unha iniciativa conxunta cos concellos de Salceda e As Neves cofinaciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

O venres terá lugar a gala dos premios Cabezudos de Honra do Porriño

Este venres, a Asociación “Cabezudos de Honra do Porriño”, en colaboración co Concello da localidade, celebra a terceira edición dos seus premios na Praza do Cristo, ás 20:00 horas, dentro da programación das Festas do Cristo.