Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

O Auditorio de Nigrán acolle o xoves unha xornada informativa sobre comunidades de augas

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle mañá xoves ás 20:00 horas unha charla informativa a cargo de Coxapo, 'Comunidade Xeral de Augas de Galicia', nacida no ano 2006 en Tomiño e a cal representa a 88.000 asociados do Baixo Miño e Val Miñor.

As fotografías de Xurxo Lobato, percorren, na Guarda, a vida de Rosalía de Castro

O vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00 h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición “Airiños aires, Rosalía”, unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos da xeografía rosaliana tanto en Galicia como fóra dela, contarase coa presenza de Xurxo Lobato e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, ademais de poeta e gran coñecedor da obra e figura rosaliana.

Calidade de ensino no rural de Tomiño

O CRA (Colexio Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, un dos máis grandes de Galicia, organiza unhas xornadas de portas abertas o día 3 de marzo en horario de mañá e tarde (10:00 h a 13:00 h e 16:00 h a 18:30 h), co fin de dar a coñecer o centro e o seus métodos de traballo, e poñer en valor a escola rural como modelo educativo. Tamén é posible visitar o centro outro día, pero chamando para concertar cita (986 622 775).

Douscentos trinta escolares tudenses, na derradeira proxección deste curso de «O Cine nas aulas»

Esta mañá tivo lugar no Teatro Municipal de Tui a derradeira proxección deste curso do programa 'O Cine nas aulas' desenvolvido dende o departamento de Prevención do Concello de Tui. Un total de 232 alumnas e alumnos de 2º de ESO e 14 profesoras e profesores dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Seminario Menor San Paio e do Colexio Marista Sta. María, acudiron á proxección.

A Feira das Ensinanzas de Ponteareas esperta a curiosidade do público

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a deputada provincial responsonsable de Centros de Ensino, Noemí Outeda, inauguraban onte a terceira edición da 'Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais' acompañados do inspector territorial de Ensino; do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e da concelleira de Benestar Social e Igualdade Verónica Carrera que realizaron unha visita a cada un dos stands dos centros educativos.

O Camiño Portugués pola Costa confírmase como a ruta Xacobea de maior crecemento

A Oficina do Peregrino, encargada da elaboración das estatísticas das e dos peregrinos que se achegan as súas instalacións para acadar a Compostelá ou o diploma que acredita a peregrinación ata Santiago de Compostela, vén de confirmar o espectacular crecemento do Camiño Portugués pola Costa que pechou o 2019 con 22.291 peregrinos, o que supón un incremento dun 61% respecto ao 2018 (13.841 persoas).

Oia traslada á igrexa de Santa María unha lápida sepulcral do século XIII

A lápida dun abade do Mosteiro de Santa María de Oia que permanecía nun pequeno alpendre do barrio do Arrabal e reempregada como lintel, xa descansa na igrexa do conxunto monacal. A estrutura foi trasladada este martes ao seu lugar definitivo nun proceso que contou con supervisión arqueolóxica a fin de garantir a integridade e conservación do ben.

As Neves avanza na necesaria ampliación do Centro de Saúde

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) contará dende Semana Santa con espazo para ampliar o Centro de Saúde das Neves unha vez que as cativas e cativos que ocupan a actual Escola Infantil da Galiña Azul vaian para a nova gardería, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, que estará rematadas nesas datas.

Desaloxado un edificio en Ponteareas por un lume nun establecemento comercial

Un incendio no almacén dun establecemento comercial obrigaba á Policía Local de Ponteareas e como medida de precaución, a desaloxar un edificio do Paseo Matutino. Cara ás 8 da mañá, un particular daba o aviso ao 112 Galicia que, a súa vez, alertaba aos bombeiros de Ponteareas.

Gonzalo Caballero reafirma en Nigrán o seu compromiso co ensino público e a mellora dos comedores escolares

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu esta mañá a Nigrán para, en compañía do alcalde, Juan González, poñer en valor o proxecto de construción dunha cociña nun dos centros educativos para dar aos escolares do concello uns menús de mellor calidade, elaborados no momento e non trasladados dende outro municipio.

A Deputación remata a instalación dunha barreira de seguridade na estrada Tebra-Cristelos, en Tomiño

A Deputación de Pontevedra vén de acometer os traballos para a instalación dunha barreira de seguridade na EP 3101 entre Tebra e Cristelos, do PQ 1+950 ao PQ 3+550, no concello de Tomiño. Esta obra, na que a institución provincial investiu 47.652,10 euros, resolve unha problemática de seguridade xa que en determinados tramos desta estrada non existían sistemas de contención de vehículos.

Ponteareas destina preto de 100.000 euros para a inserción laboral de titulados universitarios e ciclos formativos

O Orzamento 2020 do Concello de Ponteareas, aprobado esta semana, destina 97.000 euros para que titulados e tituladas universitarias ou de ciclos formativos poidan realizar prácticas profesionais remuneradas en distintos departamentos do Concello. As prácticas realizaránse durante o presente ano 2020, desempeñando funcións da propia formación.