Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

O PSOE de Ponteareas “tranquiliza” ao alcalde sobre o proxecto da N-120

Ante as manifestacións realizadas polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas sobre a Nacional 120 e a circunvalación pendentes en Ponteareas, Alfonso Porto, presidente da Xestora do PSOE de Ponteareas lémbralle ao socio de Goberno de Ponteareas, que “o Partido Socialista non fai brindis ao sol e ahí están os feitos que o demostran". Porto lembra que "hai unha licitación e un encargo xa concreto por parte do Ministerio" e que se trata do primeiro encargo que se fai para Galicia

Xosé Represas seguirá de preto os traballos de redacción do proxecto de mellora da N-120

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, solicitou unha reunión ao Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, para coñecer de primeira man os traballos de redacción do proxecto de mellora da seguridade vial na N-120. A pasada semana o Ministerio anunciaba o inicio dos traballos de redacción do proxecto de obras para a construción de glorietas, rehabilitación do firme, mellora da sinalización e tratamento de marxes na N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas.

A romaría de Santa Marta de Ribarteme xa é Festa de Interese Turístico de Galicia

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosouse "agradecido e satisfeito" ao recoller este venres, por parte do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na Cidade da Cultura, en Compostela, a distinción de 'Festa de Interese Turístico de Galicia' para a Romaría de Santa Marta de Ribarteme".

A veciñanza da Guarda valora positivamente o anteproxecto de senda de cirvunvalación ao monte Santa Trega

No acto, aberto a toda a cidadanía, participaron preto de 80 veciños e veciñas e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, estivo acompañado polo concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Español, e a técnica responsable da empresa que redactou este anteproxecto. Lomba explicou aos asistentes as características da proposta para a Senda de Circunvalación ao Monte Santa Trega, cunha valoración moi positiva deste anteproxecto por parte dos alí presentes.

Mos reafirma o seu compromiso con Asodifisi

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos, 'Asodifisi', Asunción Monroy Carrera, asinaron na tarde de onte xoves, nas instalacións da Asociación na parroquia de Torroso, o convenio anual de colaboración entre ambas entidades.

O Goberno de Redondela reafírmase na “inexistencia” de proxecto para a reforma da Avenida Mendiño

O Goberno local de Redondela, que preside Digna Rivas, reafirmouse hoxe en que “a reforma da Avenida Mendiño, non ten proxecto redactado por moito que a conselleira Ethel Vázquez así o afirmara en febreiro de 2019 ante unha infografía da actuación”.

O Templo Votivo do Mar, en Panxón acollerá en xuño o ‘I Certame Internacional de Corais de Galicia e o segundo de España

O Concello de Nigrán celebrará o 27 de xuño no Templo Votivo do Mar (Panxón) o 'I Certame Internacional de Música Coral Ars Canendi: As voces do Camiño', constituíndose así como o primeiro concurso internacional de Galicia e o segundo de España (Tolosa).

Ponteareas anima á veciñanza a unha xornada de limpeza do río Tea dentro da iniciativa ‘Venres polo Planeta’

A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas que dirixe Miguel Bouzó, convida á mocidade a participar na limpeza voluntaria do río Tea que terá lugar mañá venres día 28 de 16:30 a 18:30 horas para eliminar todo o lixo que moveron as crecidas. O lugar de encontro será a praia da ponte das Partidas.

Instituto Social da Marina e Capitanía Marítima confirman o mantemento dos seus servizos na Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse con representantes tanto do Instituto Social da Marina coma da Capitanía Marítima diante "da alarma provocada polo BNG guardés nos medios de comunicación denunciando o peche das oficinas".

Vilasobroso recupera 450 topónimos tradicionais

A Entidade Local Menor de Vilasobroso, no concello de Mondariz, vén de recuperar e xeolocalizar toda a súa toponimia maior e menor, "un valor identitario da Comunidade Autónoma así como un instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens", segundo a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

As Neves remata obras de mellora de infraestruturas en distintos barrios e parroquias

A Concellería de Obras, que dirixe o primeiro tenente de alcalde das Neves, Marcelino Couto, vén de rematar varios traballos de optimización de infraestruturas en diferentes barrios e parroquias da vila, consistentes en asfaltado, melloras, limpeza e conservación de vías, camiños e pistas amais da colocación de tapas no saneamento.

Conta atrás para as ‘I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado’ en Ponteareas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, ultima os preparativos das que serán as 'I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado', unha iniciativa que nace con vocación de continuidade e que supón unha oportunidade única de coñecer unha parte da nosa historia da man de arqueólogos, historiadores, antropólogos e expertos na materia totalmente de balde dende o luns día 2 ao venres día 6 de marzo.