A Policía Local do Porriño denunciou a 28 persoas durante a primeira semana do estado de alarma por infrinxir as restriccións impostas polo Goberno. A meirande parte das denuncias por incumprir a limitación da movilidade sen causa xustificada.
O departamento municipal de Política Social atópase funcionando "a pleno rendemento", asegurou hoxe o Concello de Mos, comezando polo CIM (Centro de Información á Muller), que habilitou un teléfono de atención 24 horas, 673 069 866, aberto a todo o mundo pero orientado especialmente a extremar a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero na actual situación de confinamento.
O Concello de Arbo vén de anunciar a suspensión da Festa da Lamprea que se tiña que celebrar do 26 ao 28 de abril por mor da crise do COVID-19, unha suspensión que supón un duro golpe á economía local xa que, como apunta o alcalde Horacio Gil, febreiro, marzo, abril e maio "marcan a tempada da lamprea en Arbo e cando máis traballan os nosos restaurantes, casa de turismo rural en todos os demais sectores relacionados co turismo de Arbo, o que supón unha perda económica moi importante para este concello".
O Concello de Nigrán, ante a situación de crise sanitaria e tendo en conta o parón da actividade educativa, deu orde esta semana á concesionaria da limpeza dos centros para que emprenda unha desinfección e limpeza profunda de todas as instalacións. O persoal iniciou os traballos seguindo o protocolo sanitario e realizando a limpeza sen manter contacto con outras persoas.
Esquerda Unida de Ponteareas expresou hoxe o seu apoio á demanda realizada polos sindicatos con representación no Concello de Ponteareas ao pedir que "cese a actividade en todos os centros de traballo do Concello que non teñan a consideración de servizos mínimos esenciais".
O Concello de Redondela vén de tomar as medidas oportunas para “priorizar ao máximo posible” o pagamento de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello. A medida adoptada polo Goberno que preside Digna Rivas, busca “que os nosos provedores e provedoras non teñan problemas de liquidez e poidan manter a súa actividade laboral e empresarial nestes tempos complicados”, explica a alcaldesa de Redondela.
O Grupo Municipal do PP do Concello de Ponteareas solicitou por escrito a aplicación de melloras para a contención do virus Covid-19 no municipio. Entre as medidas presentadas ao Goberno polos populares están a adopción de medidas para a Residencia de Maiores 'Santa Ana' e que só traballen os servizos mínimos indispensables.
O Concello de Nigrán, tendo en conta a inactividade educativa ante a crise sanitaria do Covid-19, emprendeu esta semana a instalación de parqué flotante en madeira de fresno natura no pavillón do CEIP Carlos Casares. O investimento municipal, de 6.000 €, permitirá cubrir a totalidade de superficie (146 metros cadrados de formigón pulido) sobre a que previamente se porá unha manta de polietileno.
A empresa concesionaria de limpeza do Concello de Ponteareas desenvolve, nestes días, "actuacións de desinfección diaria ao longo de toda semana nas rúas e espazos públicos de Ponteareas, especialmente en zonas de supermercado, farmacias, panadarías e mercado municipal", informou a concelleira de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo. Amais, Covelo sinalou tamén que se procede "á desinfección e lavado dos colectores de lixo, tanto no que fai referencia ao casco urbano coma ás parroquias".
O Concello de Mos acordou, por resolución de Alcaldía, o peche temporal de todos os cemiterios do municipio para visitas ao público, abríndose únicamente no caso de sepelios. A medida adoptada polo executivo que preside Nidia Arévalo, comezou a aplicarse xa hoxe venres, 20 de marzo en que todos os cemiterios mosenses, tanto os municipais como os parroquiais, atópanse xa clausurados e debidamente precintados pola Policía Local.
A Policía Local do Porriño deu conta que, ata o día de onte, procederon a denunciar a cinco veciños por infrinxir as normas que rexen no estado de alarma. Na meirande parte dos casos son persoas que sacan a pasear o can pero que "superan a marxe de 10 minutos que establecen as instruccións do estado de alarma". Outro dos casos denunciados foi o dun motorista que estaba a dar unha volta e cando foi apercibido polos axentes da Policía Local, alegou que "estaba a buscar un taller para unha reparación".
O Concello da Guarda vén de publicar unha serie de folletos informativos con información de interese para a cidadanía, non só no que fai referencia a normas de prevención senón tamén no que fai referencia á tramitación de documentos como poden ser o DNI ou a demanda de emprego.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.