Luns, 22 Setembro de 2025

Comarcas

Axuda psicolóxica fronte ao coronavirus na Guarda

O Programa de educación e apoio familiar (PEAF) do Concello da Guarda, informa de que a partir do 7 de abril retomarase a asistencia psicolóxica aos menores e as súas familias na modalidade de atención telefónica. A situación de confinamento pode xerar efectos emocionais negativos, e o que busca esta iniciativa é "minimizar o seu impacto, prestando especial atención á prevención e aos coidados relacionados coa saúde emocional, tratando de reducir ao máximo as situacións de risco que, neste contexto actual, poidan acontecer".

Nigrán reúne a animadores e educadores infantís para lanzar vídeos de entretemento para as nenas e nenos

O Concello de Nigrán reuníu aos especialistas en entretemento infantil do municipio para lanzar desde este sábado a través das redes sociais do consistorio (Facebook Concello De Nigrán, youtube e na web www.nigran.es) pequenos vídeos con contidos exclusivos destinados aos cativos. A iniciativa encádrase na campaña municipal ‘Paciencia, Cariño e Calma’ que pon o punto de mira nos pequenos da casa, os que máis ríxidamente sufren o confinamento.

As veciñas do Porriño confeccionan elementos de protección para Policía Local, profesionais da sanidade e atención domiciliaria

Un grupo de veciñas da parroquia porriñesa de Cans fixeron entrega ao Concello do Porriño dun lote de traxes de protección confeccionados por elas mesmas para a súa utilización por parte das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Nestes día o persoal do SAF está a prestar unha importantísima tarefa de apoio a persoas maiores, discapacitadas ou que bien soas.

De vagariño faise mellor o camiño

De sobra é coñecido que pasamos por unha situación totalmente inusual, excepcional e imprevista e como tal temos que actuar de xeito igual de excepcional para o que viña sendo o noso “normal” xeito de vida. E o primeiro e primordial é tomarnos a vida dun xeito máis pausado, reflexivo e empático (isto é especialmente importante).

Os Mercados de abastos de Redondela reinvéntase para facer fronte ao COVID-19

A crise provocada polo COVID-19 e o cambio de hábitos provocado polo confinamento da poboación para evitar contaxios, vén de facer que os mercados de abastos de Redondela e Chapela adoptasen medidas para adaptase á nova situación. Así, distintos comerciantes de ámbalas dúas prazas de abastos veñen de poñer en marcha o servizo de compra telefónica mediante encargo e o servizo a domicilio co obxectivo de facilitar aos veciños e veciñas a adquisición de produtos de primeira necesidade dende os seus fogares

‘Cruz Vermella Responde’, a resposta fronte ao COVID-19 para persoas en situación de vulnerabilidade

Desde o comezo desta crise, Cruz Vermella Española no Condado asegurou o mantemento dos seus programas esenciais e intensificou a súa actividade coas persoas máis vulnerables a crise sanitaria desatada polo COVID-19.

A Guarda convida á veciñanza a tomar parte na iniciativa ‘Participa compartindo’

O Concello da Guarda anima a toda a poboación a participar en varias actividades a través das que, veciñas e veciñoas, poidan compartir as súas experiencias, pensamentos e emocións durante a situación tan atípica que estamos a vivir provocada pola crise sanitaria do COVID-19.

Nigrán tínguese de azul para concienciar á cidadanía sobre o autismo

Un ano máis o Concello de Nigrán uniuse á Fundación Menela para tinguirse de azul, esta pasada noite, coincidindo co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Nesta ocasión celébrase baixo o lema 'Podo aprender. Podo traballar', dous eixos claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias: a educación e o emprego.

O Concello de Ponteareas apoia o traballo da protectora de animais Os Biosbardos cunha achega de 5.000 euros

Os orzamentos do Concello de Ponteareas, que entraron en vigor o pasado mes de marzo recollen unha partida de 5.000 euros destinada á protectora de animais de compaña 'Os Biosbardos'. É o segundo ano que se dá este apoio económico á protectora e a intención do Goberno, segundo explicou o Alcalde Xosé Represas, é mantela nos vindeiros anos.

Baiona reparte material de protección á Garda Civil, Protección Civil, GES Val Miñor e Centro de Saúde

O Concello de Baiona fixo entrega esta semana de diversos lotes de material de protección destinado a aquelas persoas que desenvolven o seu labor en traballos esenciais para a cidadanía, como son a Garda Civil, Protección Civil, GES do Val Miñor e persoal do Centro de Saúde. A entrega deste material, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, responde a “criterios de solidariedade con aqueles e aquelas que, por obriga, teñen que estar a pe de rúa atendendo ás necesidades das veciñas e dos veciños”.

Nigrán facilita mamparas protectoras de metacrilato para o posto principal da Garda Civil no Val Miñor

O Concello de Nigrán facilitou hoxe ao Posto Principal da Guarcia Civil en Baiona tres mamparas de metacrilato deseñadas e confeccionadas a medida polo propio edil de Seguridade, Rubén Rial, quen se desprazou persoalmente esta mañá a instalalas na oficina especializada en violencia de xénero e na de demáis denuncias. Estas pantallas son unha efectiva medida de hixiene e protección ante o Covid-19 que beneficia tanto aos axentes como aos veciños de todo o Val Miñor que se teñen que desprazar ao cuartel a efectuar denuncias.

O Rosal suspende a solicitude de prazas no CPI, CRA María Zambrano e Galiña Azul ata o remate do estado de alarma

O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 recolle a suspensión de todos os prazos administrativos, incluídos os de solicitude de praza ou renovación de matrícula nos centros de ensino. Neste sentido, lémbrase que no CPI Manuel Suárez Marquier e no CRA María Zambrano paralizouse o período de matriculación que xa estaba aberto e que se reabrirá xusto coa reanudación das clases no centro escolar.