Ante a crise sanitaria xerada polo COVID-19 e tendo en conta as recomendacións sanitarias dende o concello de Tui recoméndase á veciñanza transitar sempre pola dereita nas beirarrúas, para deste xeito evitar cruzarse con algunha persoa en sentido contrario e mantendo así a distancia de seguridade.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, asistirá virtualmente, o vindeiro 3 de xuño, á Asamblea Estatal de Multiplicadores Eurodesk que ía ter lugar en Mollina (Málaga), pero que debido á crise sanitaria, non poderá celebrarse de forma presencial, tal coma estaba previsto.
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas vén de animar a toda a cidadanía a participar nas iniciativas 'Tesouros da Lingua' e 'Carvalho na rúa voz', promovidas con motivo do Día das Letras Galegas que, por mor da pandemia do Covid-19, non poderá contar coas súas tradicionais actividades de rúa o vindeiro 17 de maio.
O Concello de Salceda botará a andar este ano un gabinete de atención psicolóxica que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete suporá un investimento anual de 10.925 €, e estará financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Detectar e prestar atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, facilitar material de protección e coordinar a atención foron tres dos eixos sobre os que xirou o traballo dos Servizos Sociais Comunitarios ao longo das últimas semanas coa crise do Coronavirus. Este departamento municipal mantivo o traballo dende a casa do concello contando co apoio continuado da Policía Local e Protección Civil.
Tras a suspensión de todos os procedementos nas Administracións públicas por mor do estado de alarma para xestionar a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, este luns 11 de maio reanúdase o proceso selectivo para a contratación de 10 traballadores ou traballadoras ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Esquerda Unida Ponteareas vén de propoñer ao Concello de Ponteareas a creación dunha oficina única de información con respecto a todo o relacionado coa crise da COVID- 19 "á que a veciñanza de Ponteareas poda recorrer para aclarar as súas dúbidas". Isto serviría tanto para facilitar a vida da veciñanza como para axudar a que se cumpran as normas por parte da mesma.
O Concello de Redondela vén de anunciar a publicación das bases e convocatoria que rexerán a concesión de subvencións de Axudas Sociais COVID-19, unha iniciativa orientada a dar resposta á crise provocada pola expansión do coronavirus e a conseguinte paralización de sectores económicos que supoñen o cese da actividade laboral.
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o proxecto de execución da obra de mellora da seguridade viaria na estrada EP-4201 Setados-Ribarteme-Vide, situada no concello das Neves, entre os puntos quilométricos 0+000 e o 3+930. Deste xeito, os traballos de saneamento deste tramo contan cun orzamento de 335.501,15 euros e cun prazo de execución de seis meses.
O vindeiro luns, 11 de maio, o mercado de Sabarís reiniciará a súa actividade, suspendida dende a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. A reapertura programada polo Goberno de Baiona, realizarase de 'xeito escalonado' para poder ir adaptando esta cita semanal dos luns “a esa nova normalidade que nos toca vivir e que, en moitos aspectos, marcará un antes e un despois da crise da COVID-19”, explica o alcalde, Carlos Gómez.
Dous axentes da Policía Local do Porriño lobraron reanimar con éxito, ao redor das 19:40 horas de onte sábado, a unha nena de 2 anos que estaba atragoada e xa non respiraba. Os pais da nena acudiron á Xefatura da Policía Local coa nena explicando que acababa de atragoarse na casa. Un dos axentes que estaban de garda, fixo a manobra de reanimación cardiorrespiratoria a que respondeu co éxito, namentres o outro axente solicitou unha ambulancia.
A liberdade horaria anunciada pola Xunta de Galicia para 1.428 parroquias de toda a comunidade que terán liberdade horaria para pasear e facer deporte, non se aplicará no Concello de Redondela, segundo anunciaron onte a alcaldesa Digna Rivas e a segunda tenenta de alcalde e portavoz de AER, Susana Couñago, e, polo tanto, seguirán vixentes as franxas horarias establecidas no Decreto do estado de alarma.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.