Mércores, 24 Setembro de 2025

Comarcas

Nigrán bonificará o 75 % do imposto de terrazas e flexibilizará a súa ampliación

O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou co presidente da asociación de empresarios Ovalmi, José Luis Froiz, un convenio de colaboración para que desde o Concello se bonifique o 75 % da taxa de terrazas e, ao mesmo tempo, se sexa flexible de cara a sua ampliación.

AporM solicita ao goberno local a “reactivación inmediata” da Feira dominical de Mondariz

Alternativa por Mondariz presentou, o pasado día 18 de maio, un escrito no rexistro xeral do Concello no que solicita ao Goberno local que “se reactive de maneira inmediata a Feira dominical sempre, sinala, “delimitando os espazos para respectar as distancias e garantir a vixilancia e seguridade de todas e todos os asistentes”.

Baiona realiza labores de limpeza de espazos verdes e rozado de vías de titularidade municipal

Dende o pasado luns, 18 de maio, o Concello de Baiona iniciou os traballos de roza nas vías de titularidade municipal e nos espazos verdes do municipio de cara a que, agora que o permite a actual situación de desconfinamento, veciños e veciñas poidan gozar espazos limpos e perfectamente preparados tanto para realizar os seus desprazamentos coma o seu tempo de lecer.

A Guarda esixe á Xunta, unha vez máis, que atenda as demandas do seu centro de saúde

O Concello da Guarda, unha vez máis, vén de solicitar da Xunta de Galicia que atenda as demandas que se fan por parte dos e das profesionais que desenvolven o seu traballo no Centro de Saúde do municipio, un "servizo de saúde pública que ven sendo deficiente dende hai anos". En distintas ocasións, tanto dende o concello como dende o propio Centro de Saúde, trasladáronse demandas de mellora, aos responsables do SERGAS.

ACiP urxe ao Goberno local a crear novos aparcadoiros públicos gratuítos

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, vén de demandar ao Goberno local que as instalacións do Colexio Virxe dos Remedios "sexan destinadas, de maneira provisional, a aparcamento gratuíto para vehículos" e lembra que, amais "de reunir condicións" xa foi utilizado en anos anteriores a este fin "en épocas puntuais".

A presión do Goberno local e da veciñanza das Neves logra que Abanca volva a abrir de luns a venres

A oficina de Abanca nas neves abrirá as súas portas de luns a venres a partir do luns día 25. Logo das presións do Goberno local e da veciñanza, a entidade bancaria atenderá ao público os cinco días da semana de 8 horas a 14:15 horas, nun horario que era o habitual antes da declaración do estado de alarma e, ademáis, volverá a contar con dúas persoas na sucursal.

Tomiño mellora o parque de colectores de lixo coa instalación de máis de 60 novas unidades

O Concello de Tomiño, a través da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Belén Casaleiro, está a implementar melloras no parque de colectores de lixo en distintos puntos do municipio, tendo en conta necesidades e solicitudes de veciños e veciñas. Así, a principios de ano, colocáronse en 11 novas localizacións, colectores para vidro (iglús verdes), aportados por Ecovidrio.

Nigrán realiza un reparto adicional de alimentos cárnicos e produtos de limpeza entre 78 familias vulnerables

O Concello de Nigrán realizou entre onte e hoxe un novo reparto de alimentos adquiridos no pequeno comercio local para paliar os efectos socioeconómicos do Covid-19 en 78 familias do municipio, 57 máis que antes do inicio da crise sanitaria. A achega desta ocasión constou de alimentos cárnicos (491 € en polo enteiro e peitugas e 191 € de lombo de porco mercados a prezo de custe na carnicería Óscar de Panxón) e 1.020 € en produtos de limpeza e hixiene da tenda a granel 4Eco de Nigrán e Chevere de A Ramallosa.

A Asociación Lazoiro reclama o fin dos herbicidas en Salvaterra no Día Mundial das Abellas

Nun intento de concienciar á sociedade sobre a importancia, tanto no medio ambiente como na sociedade, das abellas, Nacións Unidas decretou o 20 de maio como o día mundial da abella. Ese día, ademais de amosar a relevancia destes pequenos insectos, procura alertar sobre as ameazas ás que se enfrontan as abellas na actualidade.

A Audiencia Provincial considera que a concelleira Vanesa Fernández non cometeu ningún tipo de irregularidade

A concelleira socialista do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, deu a coñecer hoxe aos medios de comunicación a resolución firme da Audiencia Provincial de Pontevedra que desestima a denuncia por prevaricación interposta por tres membros de Protección Civil de Ponteareas cando Fernández ostentaba o cargo de Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade no ano 2019.

Os reis de España agradecen a invitación da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas

Os reis de España Felipe VI e Leticia Ortíz, a través dun escrito enviado polo xefe do gabinete de planificación e coordinación da casa da súa Maxestade o Rey, Emilio Tomei de la Vega, e dirixido ao presidente da asociación de alfombristas do corpus Christi de Ponteareas Miguel Angel García Correa, "lamentan sinceramente a noticia da suspensión do Corpus Christi 2020" ao mesmo tempo que agraceden a invitación "para asistir á festividade do próximo ano".

A Asociación El Nor entrega 500 máscaras de seguridade para Policía Local e Protección Civil de Tui

A asociación musulmá El Nor de Tui realizou unha doazón de 500 máscaras FPP2 de seguridade para a Policía Local, Protección Civil, e os equipo de desinfección municipal. Tamén nos próximos días entregarán luvas de nitrilo para estes servizos.