8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán bonificará o 75 % do imposto de terrazas e flexibilizará a...

    Nigrán bonificará o 75 % do imposto de terrazas e flexibilizará a súa ampliación

    O alcalde de Nigrán asinou un convenio co presidente de Ovalmi co obxectivo de aprobar estas medidas de apoio á hostalaría

    O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou co presidente da asociación de empresarios Ovalmi, José Luis Froiz, un convenio de colaboración para que desde o Concello se bonifique o 75 % da taxa de terrazas e, ao mesmo tempo, se sexa flexible de cara a sua ampliación.

    O goberno local toma ambas medidas co obxectivo de apoiar á hostalaría ante a crise do Covid-19, circunstancia que prexudica especialmente a este sector ao mermarse o espazo útil das terrazas por cuestións de seguridade sanitaria que obrigan ao distanciamento social. Os interesados na súa ampliación deben presentar a solicitude a través do mail secretariap@nigran.org indicando nome do local, teléfono de contacto e dirección.

    “Gustaríanos bonificar o 100% do imposto de terrazas pero é legalmente imposible, o máximo permitido é o 75%. Agardamos que Costas do Estado e da Xunta tamén realicen estes descontos porque a eles lles corresponden as terrazas do paseo marítimo de Panxón e do peirao”, explica o alcalde Juan González.

    Por outra banda, engade o rexeor “seremos moi flexibles na súa ampliación permitíndoa sempre que non prexudique a terceiros nin á accesibilidade, como é lóxico”.

    González xa mantivo encontros con hostaleiros de Panxón, A Carrasca Praia América ou A Ramallosa que manifestaron o seu desexo de poder aumentar o espazo de uso de terraza para compensar co número de mesas reducido por mor do Covid-19. “Resolveremos cada petición no mínimo tempo posible porque entendemos que é un asunto urxente para os hostaleiros pero que tamén beneficia á veciñanza que desexa ter momentos de ocio coa máxima seguridade”, incide González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.