Venres, 2 Maio de 2025

Salvaterra de Miño

A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado organiza o seu tradicional magosto

O vindeiro sábado, 9 de novembro, a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado organiza en Salvaterra de Miño, unha nova edición do seu xa tradicional magosto, unha cita que leva máis de corenta anos de celebración e que, ano a ano, acada un maior número de participantes.

Salvaterra mellorará o firme de Rosalía Castro e ampliará as beirarrúas no Campo da Feira

A alcadesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de asinar o contrato coa empresa Vías e Servizos Compostela S.L. para a mellora da capa de rodadura da PO 400 –dende a glorieta existente na Rúa Castelao ata a glorieta da PO 510 coa PO 402– e a propia PO 400, estrada que a Xunta de Galicia ven de traspasar ao Concello.

Magnífico papel das patinadoras do CPA Condado en Ponteareas

A pasada fin de semana celebrouse en Ponteareas a III Fase de Categoría Rexional e Probas de Acceso a Categoría Nacional e o CPA Condado de Salvaterra asinou un extraordinario papel co acceso á categoría nacional de Ruth González en alevíns, mentres que Dubra Outeiro, en categoría infantil, quedaba ás portas do ascenso.

Localizado sen vida un home no interior dunha vivenda en chamas

Un home foi atopado sen vida no interior dunha casa ardendo no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. A vítima, con mobilidade reducida, foi localizada polos bombeiros de Ponteareas na súa cama cando conseguiron entrar no interior da vivenda para atallar o lume que comezou polo tellado, e que destuiu por completo o inmoble no lugar de Souto.

A Quinta do Piñeiro celebra a «Festa da Esfollada e recolleita de millo»

O vindeiro día 27 de novembro a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro celebra a súa particular festa da esfollada e recolleita de millo. Nesta festa levaranse a cabo diversas actividades para todos os públicos. Comezarán as 11 da mañá coa ruta de tractores, se alguén se quere anotar para acudir co seu tractor debe facelo no teléfono: 637 764 865.

Salvaterra de Miño organiza diversas actividades con motivo do Samaín

O vindeiro xoves, 31 de outubro, o Concello de Salvaterra de Miño celebrará o Samaín con actividades para todas as idades que terán como punto de encontro a Praza do Concello.

Salvaterra de Miño inicia a mellora de camiños en Lourido, Fornelos e Meder

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de asinar o contrato da obra 'Mellora de camiños municipais en Lourido, Fornelos e Meder' coa empresa adxudicataria do concurso público Naron SL, financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural.

Comezan as obras de mellora da glorieta de acceso ao polígono industrial de Salvaterra

O xefe Territorial da Consellería de Infraestruturas, Jose Luis Díez, desprazouse esta mañá ata Salvaterra de Miño acompañado por diferentes técnicos da Consellería, para informar á alcaldesa do municipio, Marta Valcárcel Gómez, das obras que se van a acometer na rotonda da PO-403

Luis Suárez Piñeiro, novo responsable local do BNG de Salvaterra

O BNG de Salvaterra de Miño vén de elixir en asemblea a Lucas Suárez Piñeiro como novo responsábel local da formación nacionalista. Aos seus 27 anos, Suárez toma o relevo dun histórico do BNG na localidade como é J. Andrés Martínez Alonso, que continuará formando parte activamente do Bloque.

Salvaterra de Miño participa activamente no programa ‘Ler conta moito’

O Concello de Salvaterra de Miño, participa de xeito activo, un ano máis no programa «Ler conta Moito», unha iniciativa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede, a través do seu catálogo actividades, distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte.

Encontro educativo na ‘Eurocidade Monção-Salvaterra / Aula Aberta’

Medio cento de alumnos e alumnas do IES Salvaterra visitaron onte o Centro de Formación Profesional (Eprami) de Monção, nun acto enmarcado dentro da semana da Eurocidade Monção-Salvaterra. Mozos e mozas coñeceron de primeira man as distintas posibilidades de formación profesional que ofrece este centro situado a menos de cinco minutos de Salvaterra.

Monção e Salvaterra de Miño preparan a ‘II Semana da Eurocidade’

O Concello de Salvaterra de Miño e a Câmara Municipal de Monção traballan na preparación da que será a 'II Semana da Eurocidade' que este ano busca ser o recoñecemento mútuo dos recursos educativos. A segunda edición desta celebración transfronteiriza terá lugar na última semana deste mes de setembro.