Un proxecto educativo integral no que a innovación, a participación e a implicación de nenas, nenos e docentes son a base principal. É do que desfruta o alumnado do CEIP Santiago de Oliveira, que dende hai anos aposta pola innovación educativa nas súas aulas e que vén de rematar o seu primeiro curso como centro E-Dixgal, un proxecto que lle permitiu incorporar recursos dixitais ao seu día a día nas aulas.
O Concello de Ponteareas vén de rematar as obras de pavimentación en San Amaro, na parroquia de San Mateo de Oliveira, uns traballos coas que “se buscaba mellorar o servizo ofrecido por esta infraestrutura aos seus usuarios e usuarias”. A Concellaría de Vías, Obras e Alumeado que dirixe Chus Garrote levou a cabo o asfaltado de dous tramos de estrada neste barrio cun total de 518 m de longo e de 2.336 metros cadrados.
O Concello de Ponteareas conmemora este ano o 25 de xullo, Día da Patria Galega, cun acto no Auditorio Municipal aberto a todo o público. A sala multiúsos acollerá o vindeiro sábado 24 de xullo a partir das 21.00 horas a cerimonia de celebración.
O Concello pon en marcha unha nova edición de ‘ActivaTea’, un campamento de verán pensado para mozos e mozas de 13 a 17 anos cun amplo programa de actividades de lecer e educativas co que desfrutar durante todo o mes de agosto.
A aula CeMIT de Ponteareas acolle este mes de xullo os obradoiros Steam, derrubando estereotipos, dous cursos dirixidos a mozos e mozas de 8 a 15 anos nos que aprenderán a usar a tecnoloxía a través da creatividade.
Ponteareas pode xa desfrutar dun renovado anel urbano de equipamentos, 35.000 metros cadrados de actuación que permitiron recuperar espazos para as persoas na contorna do complexo deportivo Álvaro Pino e do centro de saúde, potenciando a mobilidade amable e a seguridade viaria. Unhas obras de mellora que tiñan por obxectivo renovar o espazo público, mellorar a mobilidade peonil e transformar unha das portas de entrada a Ponteareas, que estaba moi degradada e visualmente desordenada.
Ponteareas acollerá esta fin de semana unha nova cita musical. Este domingo 25 de xullo, día do Apóstolo Santiago, patrón de Galicia, o programa Cultura24 levará ao terreiro de Fozara o son de Naiama, unha asociación cultural dedicada a fomentar a cultura galega recuperando pezas da música tradicional.
O programa Cultura24 continúa levando actividades de lecer ás parroquias de Ponteareas. A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar da música e animación da charanga SDK, que levará o ritmo este venres 23 ao Centro Cultural de Bugarín.
O programa Mocidade Viva prepara unha nova actividade coa que promover un lecer saudábel e alternativo para rapaces e rapazas maiores de 12 anos. Este venres 23 de xullo a partir das 20.00 horas, mozos e mozas poderán participar nas Xornadas de Voleibol, unhas horas nas que coñecer ou achegarse un pouco máis a este divertido deporte cheo de beneficios para corpo e mente.
O Concello de Ponteareas presentou a programación cultural para os meses de verán, unha carteleira con máis de medio cento de actividades para completar unha oferta de lecer cunha proposta estable, ampla, para todos os públicos e en todos os espazos da vila.
O ‘sendeyak’ volve este verán ao río Tea. Ao abeiro do programa Mocidade Viva, a Concellaría de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó organiza este xoves 22 de xullo (17:00 horas) unha nova edición desta actividade que combina sendeirismo con descenso en kayak ao longo dunha ruta de 3 quilómetros polos bosque autóctonos do Tea, observando todos os seus recursos, e facendo o camiño de volta en kayak
A Feira do Libro de Ponteareas baixou onte domingo o pano cun grande éxito de público, que se achegou á Praza Maior para gozar da ampla programación a pesar da vaga de calor dos últimos días. Concello e librarías fan un balance positivo desta quinta edición, que conseguiu aglutinar 22 presentacións e sinaturas de libros, máis da metade creados por autoras e autores ponteareáns.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.