12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA aula CeMIT de Ponteareas prepara dous obradoiros de Steam

    A aula CeMIT de Ponteareas prepara dous obradoiros de Steam

    Nos cursos, de balde, a rapazada traballará e experimentará cos kits de creación interactiva Makey

    A aula CeMIT de Ponteareas acolle este mes de xullo os obradoiros Steam, derrubando estereotipos, dous cursos dirixidos a mozos e mozas de 8 a 15 anos nos que aprenderán a usar a tecnoloxía a través da creatividade.

    Nos talleres, os rapaces participantes, traballarán e experimentarán cos kits Makey Makey, uns xogos de creación interactiva que lles permitirá converter prácticamente calquera obxecto en paneis táctiles e buscar novos xeitos de interactuar cos ordenadores, potenciando a creatividade, a imaxinación e o deseño.

    A Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, organizará dous obradoiros en función da idade dos mozos e mozas participantes:

    • O xoves 29 de xullo, de 11.00 a 14.00 horas, dirixido á rapazada de 8 a 11 anos.
    • O venres 30 de xullo, de 11.00 a 14.00 horas, dirixido á mocidade de 12 a 15 anos.

    Os obradoiros serán de balde e celebraranse nas instalacións da aula CeMIT no edificio do Centro de Servizos Sociais, na rúa Oriente nº 12. As persoas interesadas xa poden inscribirse en cemit.ponteareas@xuntal.gal ou no teléfono 634 238 962. 

    Os talleres terán prazas limitadas e contarán con todas as medidas de prevención.

    O edil Benito Márquez anima a todos os mozos e mozas a participar nestas actividades que lles permitirán “achegarse á tecnoloxía e á robótica dun xeito ameno, divertido e práctico”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.