Domingo, 4 Maio de 2025

Ponteareas

O Concello de Ponteareas culpa ao anterior goberno da perda dunha subvención para un vehículo da policía local

O Concello vén de dar conta da perda dunha subvención de algo máis de 33.000 euros para un vehículo da policía local, polo que cualifican de "nefasta xestión do anterior goberno". Segundo o goberno que preside Nava Castro "a ineficacia e a falta de compromiso coas arcas municipais dos últimos mandatos fan agora que a administración local teña que asumir esta contía coa que se renovou o parque móbil da Policía Local".

Ponteareas pechará o 8 de febreiro o prazo de presentación de traballos para o cartel do Corpus Christi 2024

As persoas que desexen presentar as súas propostas para o concurso que escollerá o cartel do Corpus Christi deste ano dispoñen ata o próximo 8 de febreiro para formalizar a súa solicitude. Deberán entregar os traballos no rexistro de entrada do Concello e para garantir o anonimato, estarán asinados baixo un pseudónimo. O certame está dotado cun premio de 1.000 euros.

Ponteareas axudica a subministración do servizo eléctrico por 825 000 euros e cancela a débeda municipal anterior

Ponteareas adxudica a subministración do servizo eléctrico por un importe que ascende aos 825.000 euros. A duración do contrato é dun ano. Así o anunciou o concelleiro de Facenda, Francisco Represas, no pleno municipal no que, ademais, se aprobou o último tramo do plan de pagos que posibilita finalizar coa débeda contraída neste servizo durante o ano 2022.

Ponteaeas lembrará a Alfonso Quinteiro durante todo o ano no marco da celebración do centenario do seu nacemento

O Concello vén de iniciar a conmemoración do centenario do nacemento de Alfonso Quinteiro coa presentación do libro no que o escritor Manrique Fernández afonda na figura do artista local. No acto, que tivo lugar hoxe no salón de plenos, deuse a coñecer as demais actividades coas que se lembrará ao escultor durante todos os meses do ano.

Luis López contrapón a aposta do PP polos Servizos Sociais no Condado-Paradanta fronte á “pobreza social” do PSOE-BNG

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, contrapuxo, nun encontro en Ponteareas cos representantes populares das bisbarras do Condado e A Paradanta, a “forte aposta” do Partido Popular polos Servizos Sociais desde a Xunta de Galicia, cunha achega anual de 9,5 millóns de euros para estas atencións nestes nove concellos do sur da provincia, fronte á “pobreza social” na atención a maiores, dependentes e familias dos modelos que implantan PSOE e BNG nas administracións.

O PSOE de Ponteareas valora positivamente os pasos do Goberno central para converter en realidade as obras de mellora da N-120

O secretario xeral do PSdeG de Ponteareas, Delfín Domínguez, e os concelleiros Vanesa Fernández e Rubén Pérez mantiveron unha xuntanza coa directiva da plataforma da N120 para coñecer e compartir de primeira man as alegacións que se presentarán a través dos departamentos técnicos do Concello –tal é como se fixo co goberno municipal anterior–, para mellorar e corrixir algunhas cuestións menores.

Ponteareas inicia as obras de acondicionamento do parque infantil da Perillana

O Concello de Ponteareas vén de dar inicio ás obras de acondicionamento do parque infantil da Perillana. O obxectivo das actuacións é mellorar as condicións deste espazo destinado ao desfrute dos nenos e nenas da vila. Para iso, substituirase o chan e o peche perimetral e, ademais, procederase ao arranxo de distintos elementos de xogo.

Preto de 400 deportistas déronse cita en Ponteareas no Campionato Galego de Natación Máster de Inverno

Preto de 400 nadadores e nadadoras, pertencentes a 28 clubs de toda Galicia, déronse cita na piscina do complexo Deportivo Álvaro Pino no marco do en Campionato Galego de natación máster de inverno, cita organizada polo Club Natación Ponteareas e a federación galega de natación. Foron dúas xornadas de probas programadas en formato continuo.

Ponteareas reforza o Servizo de Emerxencias con máis de 320 000 euros grazas a un novo convenio coa Xunta e a Deputación

O Concello, a través da concellería de Seguridade que dirixe o tenente de alcalde Juan Carlos González, aumenta a capacidade de atención do GES de Ponteareas grazas a un novo convenio entre a administración local, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. O acordo permite aumentar o orzamento destinado a este servizo en 165.000 euros, situando a cifra total en 320.000 euros.

Marta Fernández-Tapias, na presentación do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que se disputará en Ponteareas

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, vén de participar no Castelo de Sobroso no acto de presentación do Campionato Galego de Natación Máster de Inverno 2024 que acollerá Ponteareas o vindeiro fin de semana, acto que a vicepresidenta da Deputación estivo acompañada pola alcaldesa da vila do Corpus e deputada provincial, Nava Castro.

O Concello de Ponteareas homenaxea ao escultor Alfonso Quinteiro no marco da celebración do centenario do seu nacemento

O Concello homenaxea ao artista ponteareán Alfonso Quinteiro no marco da celebración do centenario do seu nacemento. Deste xeito, o próximo 27 de xaneiro presentarase o libro Alfonso Quinteiro, un talento na sombra no que o escritor Manrique Fernández rescata a figura e a obra do escultor e, ademais, a concellería de Ensino celebrará ao longo de todo o ano diferentes actividades que contribuirán ao recoñecemento do ilustre veciño.

A ponteareá Cristina Fernández, en postos de saída na candidatura do BNG ás eleccións galegas

A deputada e concelleira ponteareá, Cristina Fernández, ocupará o número 6 na candidatura do BNG ás vindeiras eleccións galegas. Así o aprobou nesta fin de semana a formación liderada por Ana Pontón. A candidata do BNG declarou que “o 18 de febreiro temos unha oportunidade histórica de abrir un tempo novo en Galiza con Ana Pontón e o BNG. Chegou o momento de gañar un futuro mellor".