Luns, 7 Xullo de 2025

Ponteareas

O Concello de Ponteareas oferta á Xunta unha parcela ao pé da N-120 para o futuro centro de saúde

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández; o primeiro tenente de alcaldesa, Roberto Mera; e a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, acompañados do arquitecto municipal do Concello, mantiveron onte un encontro en Ponteareas con persoal técnico da Consellaría de Sanidade e do SERGAS, que visitaron a localidade para analizar as posibles parcelas nas que situar un futuro centro de saúde.

Unha viaxe por ‘Cidades’ do mundo esta fin de semana no Concerto de Primavera de Ponteareas

A música encherá de novo Ponteareas esta fin de semana. Este sábado 9 de abril a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e Dextrum Ensemble uniranse para protagonizar o Concerto de Primavera, unha cita musical organizada polo Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra na que a banda e o cuarteto de saxofóns farán un percorrido por ‘Cidades’ do mundo.

A Biblioteca Municipal prepara unha Semana Santa chea de actividades e obradoiros infantís de balde

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas prepárase para unha Semana Santa chea de actividades infantís gratuítas. Os días 11, 12 e 13 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, as instalacións abrirán as súas portas para acoller a nenos a partir de 5 anos que gozarán de obradoiros inspirados en temáticas propias destas datas.

Ponteareas comeza o acondicionamento do Centro Cultural da parroquia de Guillade

O Concello continúa coa súa aposta pola remodelación dos centros culturais ponteareáns. Xa están en marcha as obras de acondicionamento do Centro Cultural da parroquia de Guillade, uns traballos cos que se habilitará parte do edificio e que permitirán implantar unha actividade sociocultural para a veciñanza.

O Centro Integrado da Granxa de Ponteareas acolle a campaña do Issga sobre o seguro do tractor

A Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), está a desenvolver actividades formativas en centros de Formación Profesional das catro provincias galegas para concienciar sobre o uso seguro do tractor.

A Deputación inaugura a musealización do Castelo de Sobroso

De “día histórico” cualificou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, este luns no que se vén de inaugurar a musealización do Castelo de Sobroso, posible “grazas ao extraordinario traballo e enorme esforzo de dúas institucións, concello de Ponteareas e Deputación, que traballamos colaborativamente, sumando ideas, para que isto fose realidade”.

Aberta a convocatoria de novas probas para obter os certificados de lingua galega Celga

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas informa da convocatoria de novas probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Alumnado do IES Val do Tea súbese ao escenario para a lectura dramatizada de ‘Invisibles’

O alumnado do IES Val do Tea dá un paso máis no seu traballo a prol da igualdade subíndose a un escenario. Organizado pola Concellaría de Igualdade do Concello de Ponteareas e polo Equipo de Igualdade do centro educativo, os rapaces e rapazas protagonizarán este mércores 6 de abril a lectura dramatizada de relatos do libro ‘Invisibles’, de Montse Fajardo.

Ponteareas, sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns

Ponteareas convértese esta fin de semana en sede do Campionato Galego Xuvenil de Hóckey sobre patíns, unha final a catro que permitirá ás e aos ponteareáns gozar de catro interesantísimos encontros este 2 e 3 de abril no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino.

Ponteareas e FEGADACE colaboran na prevención do dano cerebral adquirido

O Concello de Ponteareas e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) colaboran para sensibilizar á veciñanza sobre o dano cerebral adquirido, unha discapacidade resultante dunha lesión no cerebro causada, na maioría dos casos, por un ictus ou un traumatismo cranioencefálico e que só en Galicia afecta a unhas 35.000 persoas.

O Castelo de Sobroso, listo para estrea da musealización

O Castelo de Sobroso estreará este vindeiro luns, día 4, a súa innovadora musealización cunha coidada posta en escena para recrear a historia desta fortaleza e da súa contorna.

A Xunta leva a Ponteareas os contacontos ilustrados sobre galegas referentes

A Consellería de Emprego e Igualdade leva hoxe ao CEIP escultor Acuña de Vigo e ao CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas, dúas novas sesións de contacontos ilustrados que, baseadas no programa Donas de si, no que toman parte estes centros, revisarán as traxectorias da mestra e inventora Ángela Ruiz Robles e da escritora Rosalía de Castro.