A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas prepárase para unha Semana Santa chea de actividades infantís gratuítas. Os días 11, 12 e 13 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, as instalacións abrirán as súas portas para acoller a nenos a partir de 5 anos que gozarán de obradoiros inspirados en temáticas propias destas datas. Así, entre as actividades destacan xogos como a busca de ovos de Pascua, os xogos tradicionais ou diferentes actividades enfocadas á animación á lectura, como contacontos.
As familias interesadas poden inscribir xa a rapazas e rapaces enviando un correo electrónico a bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou chamando ao teléfono 986 660 765. Será obrigatorio o uso de máscara.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, quere animar a todos os nenos e nenas a que se acheguen nestas datas ata a biblioteca municipal “para pasar unha mañá divertida cos xogos e actividade programadas e pensadas para entreter aos máis cativos e cativas nesta época de vacacións”.