Martes, 8 Xullo de 2025

Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo proxecta o documental “A virxe roxa” en Ponteareas e Redondela

O Ciclo Mestre Mateo que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra celebrará este próximo sábado a súa segunda sesión coa proxección nos concellos de Ponteareas, Poio, Redondela, Cambados e Forcarei do premiado documental “A virxe roxa”.

A nadadora do CN Ponteareas Sofía Carballo proclámase subcampioa de España Júnior en 100 braza

Nova rolda de éxitos para o Club Natación Ponteareas, que participou esta fin de semana no XXII Campionato de España Open Absoluto – XXXVIII Campionato de España Júnior celebrado na localidade malagueña de Torremolinos.

O CEIP Ramiro Sabell e o CPR La Inmaculada, gañadores do Campionato Zonal Escolar de Bádminton de Ponteareas

Grande éxito do Campionato Zonal Escolar sub-13 de bádminton, unha competición na que colabora o Concello de Ponteareas e que supón o colofón final a unha nova edición das xornadas deportivas escolares 2022 postas en marcha entre o Club Bádminton Ponteareas e a Asociación de Profesores de Educación Física da Zona Condado-Paradanta, Adecompar.

A Xunta convoca para maio e xuño aos propietarios das parcelas afectadas polas obras da PO-403

A Xunta investirá preto de 600.000 euros nas obras de mellora da seguridade viaria para intervir no treito de concentración de accidentes da estrada PO-403, no concello de Ponteareas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución pola que se convoca para maio e xuño os propietarios dos terreos necesarios para executar esta actuación.

Ponteareas acolle a sétima edición dos Xogos Florais

O Concello de Ponteareas pon en marcha a sétima edición dos Xogos Florais, un concurso literario co que se procura contribuír ao desenvolvemento da poesía local.

Ponteareas regresa do III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo con 13 medallas

Grandes resultados para Ponteareas no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo celebrado esta fin de semana no Centro de Alto Rendemento de Vila Nova de Gaia.

Unha vintena de voluntarios limparon a contorna do río Uma

Gran labor o realizado polo grupo rapaces e rapazas do voluntariado ambiental xuvenil, que retomaron as saídas cunha recollida de residuos no na contorna do Uma.

A alcaldesa de Ponteareas, nova presidenta do grupo de Sustentabilidade Urbana do Eixo Atlántico

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, vén de converterse na nova presidenta do grupo de Sustentabilidade Urbana do Eixo Atlántico, entidade transfronteiriza que reúne a preto de 40 municipios para promover a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal e á que a vila adheriuse recentemente.

A Biblioteca Municipal conmemora o Día do Libro cun espectáculo teatral para público infantil

A Biblioteca Municipal de Ponteareas súmase á conmemoración do Día Internacional do Libro cunha actividade pensada especialmente a público infantil.

Dez centros educativos de Ponteareas e comarca participan no Campionato Zona Escolar de bádminton

Dez centros educativos de Ponteareas e comarca participarán o vindeiro sábado 16 de abril no Campionato Zona Escolar sub-13 de bádminton, unha competición coa que colabora o Concello de Ponteareas e que nace das xornadas deportivas escolares 2022 postas en marcha entre o Club Bádminton Ponteareas e a Asociación Deportiva Adencopar hai xa case unha década.

Unha vintena de mozos e mozas representarán a Ponteareas no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo

Ponteareas terá representación no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo, que se disputará esta fin de semana en Vila Nova de Gaia.

Ponteareas inicia unha rolda de reunións para consensuar coa veciñanza as alegacións ao proxecto da N-120

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, doutros membros do goberno local e do arquitecto municipal do Concello, mantiveron unha primeira xuntanza cos grupos políticos e colectivos veciñais das parroquias directamente afectadas polo proxecto de trazado da mellora de seguridade viaria na N-120.