27.4 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas regresa do III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo con 13 medallas

    Ponteareas regresa do III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo con 13 medallas

    Unha vintena de mozos da vila representaron á vila por primeira vez nesta competición transfronteiriza disputada en Vila Nova de Gaia

    Grandes resultados para Ponteareas no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo celebrado esta fin de semana no Centro de Alto Rendemento de Vila Nova de Gaia.

    Vinte mozos e mozas ponteareás estreábanse nesta competición transfronteiriza da que regresaron con 13 medallas, catro ouros, unha prata e oito bronces nas dez categorías de peso disputadas nas modalidades de cadete e júnior. Destacan os bos resultados obtidos en cadete feminino, no que as cinco representantes da vila obtiveron metal, quedando segundas clasificadas por equipos na categoría.

    O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere felicitar a todas e todos os deportistas participantes polo bo traballo e o alto nivel exhibido durante todo o campionato “e deixar o nome de Ponteareas en tan bo lugar”, así como pola boa convivencia co resto de deportistas galegos e portugueses participantes. O edil animounos a continuar por este camiño, “a seguir adestrando e gozando do deporte por riba de calquera competición”.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.