Sábado, 12 Xullo de 2025

Ponteareas

Concello, empresa e representantes sindicais asinan un preacordo de convenio dos servizos de recollida de lixo

A alcaldesa do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, xunto con representantes da empresa FCC Medio Ambiente e dos e das traballadoras asinaron este luns un preacordo para a firma de convenio colectivo dos servizos de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos.

Grande éxito da andaina solidaria Ponteareas

Grande éxito de participación nas andainas Ponteareas 25km organizada polo Club de Montaña Xistra en colaboración co Concello, no que natureza, medio ambiente, deporte e solidariedade camiñaron da man a pesar do mal tempo.

Ponteareas renovará dous vieiros no parque forestal da Picaraña

O Concello de Ponteareas mantén a súa aposta por mellorar a rede municipal de estradas e vieiros en toda a vila. Nese camiño, a Concellaría de Vías e Obras vai comezar a renovación de dous vieiros no parque forestal da Picaraña, onde se realizará a pavimentación nas dúas pistas de acceso dende o barrio de Canedo e As Cachadas ata a confluencia co acceso dende a parroquia de Arcos.

Ponteareas e Eixo Atlántico mellorarán os servizos para a veciñanza

O Concello de Ponteareas e o Eixo Atlántico continúan traballando man a man para seguir mellorando non só o municipio, senón a comarca do Condado-Paradanta.

A ludoteca municipal abre as súas portas a todos os nenos de Ponteareas e comarca

A ludoteca municipal abre as súas portas a todos os nenos e nenas de Ponteareas e da comarca. Os vindeiros 18, 19 e 20 de outubro as instalacións organizarán unhas xornadas de portas abertas con actividades para que os nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan de primeira man o traballo que se está a desenvolver neste servizo.

Ponteareas asesora á mocidade da comarca sobre a inmersión na vida laboral

O Concello continúa co seu labor de orientación laboral a todos os mozos de Ponteareas e da comarca. O Departamento de Orientación Laboral, dependente da Concellería de Formación e Emprego dirixida por Vanesa Fernández, acudiu de novo ao EFA A Cancela para unha nova charla de asesoramento vocacional.

Rematan as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas

A Xunta rematou as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas, mellorando a accesibilidade peonil á terminal e os servizos aos usuarios.

Esta fin de semana chegan as Andainas Ponteareas

Natureza, medioambiente, deporte e solidariedade volven darse a man en Ponteareas esta fin de semana. O Concello organiza en colaboración co Club de Montaña Xistra as 'Andainas Ponteareas 25km e 12km'.

Ponteareas reclamaralle á Xunta os gastos asumidos polo Concello na Estación de Autobuses

O alcalde en funcións de Ponteareas, Roberto Mera, ditou hoxe unha providencia para que os servizos municipais cuantifiquen con exactitude o déficit asumido polo Concello pola xestión da Estación de Autobuses entre o ano 2011 e o 2022,

O Concello de Ponteareas oferta 6 prazas de emprego público

O Concello de Ponteareas vén de aprobar a Oferta de Emprego Pública Ordinaria correspondente ao ano 2022.

Este outubro a aula CeMIT de Ponteareas camiña en dixital

A aula CeMIT de Ponteareas céntrase este outubro en camiñar en dixital. Durante todo o mes o centro organizará un curso destinado a persoas con menores habilidades tecnolóxicas para que poidan aprender a manexar o teléfono móbil e os reloxos intelixentes ao tempo que se fomenta que camiñen de forma saudable.

Ponteareas inicia o procedemento para a urbanización da área comercial do Eroski Center

A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas aprobou o pasado luns os estatutos e bases de actuación para o desenvolvemento urbanístico da área comercial situada na parroquia de Angoares, de preto de 30.000 m2, na que se sitúa o Eroski Center.