24 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas asesora á mocidade da comarca sobre a inmersión na vida laboral

    Ponteareas asesora á mocidade da comarca sobre a inmersión na vida laboral

    O Concello continúa co seu labor de orientación laboral a todos os mozos de Ponteareas e da comarca. O Departamento de Orientación Laboral, dependente da Concellería de Formación e Emprego dirixida por Vanesa Fernández, acudiu de novo ao EFA A Cancela para unha nova charla de asesoramento vocacional e formativo ao alumnado de diferentes ciclos.

    Nesta ocasión, a orientadora laboral, Isabel Illán, achegouse ás instalacións do centro para explicar ao estudantado da rama de administración os aspectos máis relevantes a ter en conta no funcionamento do Servizo Público de Emprego Estatal e Autonómico (SEPE), así como as distintas actividades, obradoiros e programas aos que poden ter acceso para complementar a súa formación ou comezar a súa andaina laboral.

    Para a concelleira estas charlas “son fundamentais para abrir o abano de posibilidades formativas e laborais aos rapaces e rapazas, que en moitas ocasións non saben todos os recursos que poden ter ao seu alcance e precisan a alguén que os guíe no camiño”.

    Vanesa Fernández anima a acudir ao Centro de Desenvolvemento Local e solicitar cita coa orientadora a todas aquelas persoas que precisen información sobre a realidade laboral e as diferentes posibilidades formativas e profesionais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.