O Concello de Ponteareas aprobou este martes por unanimidade en pleno sumarse á UNICEF Comité Galicia na celebración o vindeiro 20 de novembro o Día Mundial da Infancia, que este ano se celebra baixo o lema ‘Dereitos e emocións’.
O pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino transformouse a pasada fin de semana nunha gran pasarela de grandes promesas do deseño. Once creadores e creadoras, a maioría mozas de Ponteareas, participaron na primeira edición do desfile de moda “Novas Creadoras”.
Reivindicar as ideas transformadoras que estaban vixentes antes do golpe de Estado de 1936 e achegar ao público dun xeito diferente ás vivencias da represión e da ditadura.
Ponteareas prepárase para gozar dun Samaín de medo. O Club Patinaxe Artística Luar organiza este domingo 30 de outubro coa colaboración do Concello unha xornada terrorífica aberta a todos os públicos.
Un libro para ler a modo e reler con pracer e interese. Así é como describe a crítica ‘Mañana vino a verme la luna de los pájaros grandes’, a última obra do poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro, que este sábado 29 de outubro presentará ao público na sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas.
O Club de Lectura da biblioteca municipal de Ponteareas contará este mércores 26 de outubro cunha visita moi especial, a da escritora Inma López, que durante o encontro falará co público asistente sobre unha das súas obras máis notables.
A Asociación de Veciños San Gregorio de Guillade organiza, en colaboración co Concello de Ponteareas, a XIII edición do Encontro de Corais coa participación do ‘Coro de Voces Fornelenses’ de Fornelos de Montes, a ‘Coral Polifónica Alecrín de Brión’, que acudirá dente Ferrol e a residente, a ‘Coral Ars Cantorum’.
O Concello de Ponteareas quere reforzar o apoio á potencia deportiva da vila cunha nova convocatoria de subvencións dirixida a deportistas federados de alto nivel que residan no municipio.
Un ano máis, o Concello de Ponteareas abre a convocatoria de subvencións para o apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais ponteareás para este ano 2022, unhas axudas que buscan “reiniciar e manter viva a actividade nunhas das entidades vertebradoras da vida cultural e social máis relevantes da nosa vila e das nosas parroquias”.
Esta semana chega a Ponteareas unha nova sesión do ciclo ‘Mestre Mateo’, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que está a traer á vila a proxección gratuíta de películas gañadoras e finalistas nos premios do mesmo nome que recoñecen a excelencia das producións audiovisuais de Galicia.
En Ponteareas preparámonos xa para celebrar o Samaín de forma terrorificamente divertida. A sala multiúsos do auditorio municipal acolle este venres 21 de outubro ás 18.00 horas unha nova actividade do Proxecto Apego.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.