Domingo, 13 Xullo de 2025

Ponteareas

A voz da infancia e da mocidade ponteareá escóitase no Encontro Estatal de Consellos locais de participación

A voz de Juan, Lucía e Mateo escoitouse esta fin de semana no sétimo Encontro Estatal de Consellos locais de participación organizado por Unicef e que este ano volveu reunir de forma presencial en Cáceres a 180 nenos e nenas de entre 10 e 17 anos de todos os recunchos de España.

Descubre os segredos que agochan os nomes das parroquias ponteareás este mércores 9 de novembro na sala multiúsos

Ponteareas acolle este mércores 9 de novembro a campaña ‘Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra’, unha actividade do proxecto Galicia Nomeada coa que se procura chamar a atención sobre o perigo que corre a toponimia tradicional e se busca a persoas que colaboren coa iniciativa.

Ponteareas, protagonista do último obradoiro Ágora

O Concello de Ponteareas será o vindeiro xoves 10 protagonista e escenario do último ‘Obradoiro’ desta edición da Facultade Ágora da Deputación.

Sae a licitación para a rehabilitación do Centro Cívico da Praza Maior de Ponteareas

Ponteareas avanza na creación do futuro Centro Cívico na Praza Maior, un espazo rehabilitado que porá a disposición de tecido asociativo e veciñanza máis de 900 metros cadrados para servizos municipais e actividades sociais.

O Encontro Estatal de Consellos da Infancia e a Adolescencia terá representantes pontareáns

Juan, Lucía e Mateo foron as tres persoas seleccionadas entre os seus propios compañeiros para participar como representantes do grupo de participación infantil e xuvenil ‘Mentes Novas’ de Ponteareas.

Ponteareas triunfa no Campionato de España Infantil e Precadete de taekwondo

Grandes resultados para o taekwondo ponteareán. O equipo da escola Leam de Ponteareas regresou do Campionato de España cun total de nove medallas.

Teatro afeccionado no Centro Cultural de Fozara

O teatro afeccionado continúa esta fin de semana en Ponteareas cunha nova actividade do Cultura24, un programa posto en marcha polo Concello.

Ponteareas incorpora dous furgóns ao seu parque móbil

O Concello de Ponteareas reforza o seu parque móbil coa incorporación de dous novos vehículos cos que seguir actualizando e mellorando a atención dos distintos servizos públicos ao tempo que se camiña cara a unha mobilidade menos contaminante e máis sostible.

Benigno Moldes, in memoriam

Hai días nos que, de súpeto e coa garda baixada, a realidade te sacude con virulencia e te coloca diante do espello para lembrarte con toda a crueza a túa fraxilidade e que hoxe estás aquí e mañá, se cadra, xa non. Memento mori –lembra que vas morrer– dinos a vida, do mesmo xeito que o servo murmuraba ao xeneral romano que desfilaba vitorioso polas rúas de Roma.

Santa María la Real de la Almudena terá unha alfombra floral

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada, un ano máis, por, o Cabildo da Catedral da Almudena, para participar na procesión de Santa María A Real, onde fará unha particular ofrenda floral, elaborando unha alfombra de flores, para o paso da Virxe, como as que se fan en Ponteareas con motivo da festa do Corpus Christi.

O CNPonteareas faise co XXIII Trofeo Amizade de natación

Ponteareas volve deixar o seu nome por todo o alto a nivel deportivo. O Club Natación Ponteareas alzouse esta fin de semana co XXIII Trofeo da Amizade, que congregou a máis de 250 nadadores de alto nivel de 14 equipos de toda Galicia.

Ponteareas inaugura este luns 31 a exposición «Rexas. Mulleres baixo o terror franquista»

O Concello de Ponteareas achegará ao público durante este mes dun xeito diferente as vivencias da represión e da ditadura cun amplo programa que inclúe a exposición ‘Rexas. Mulleres baixo o terror franquista’. En colaboración coa Deputación de Pontevedra e ao abeiro do programa ‘O pasado por vir’, a mostra inaugurarase o vindeiro luns 31 de outubro ás 10.00 horas no Museo municipal coa presenza da alcaldesa, Cristina Fernández Davila; da técnica de Memoria Histórica da Deputación, Montse Fajardo; e de concelleiros e concelleiras do Goberno local.