Ponteareas volve encherse da voz da súa infancia e mocidade. Ao abeiro do Día Universal dos Dereitos da Infancia, celebrado este 20 de novembro, o salón de plenos do Concello acolleu unha nova sesión do pleno infantil.
A preocupación cidadá ante o desmantelamento paulatino e sistemático do sistema de sanidade pública e a conseguinte desprotección na Atención Primaria é evidente. A medida que nos afastamos dos grandes núcleos urbanos e entramos na Galicia rural, esa preocupación transfórmase en algo máis parecido á crispación ao mirar como o dereito á sanidade digna, recoñecido pola propia Constitución, e vulnerado de xeito continuado.
Ponteareas prepárase para acoller a vindeira semana unha nova actividade memoria histórica, un programa posto en marcha polo Concello en colaboración coa Deputación de Pontevedra ao abeiro da iniciativa ‘O pasado por vir’.
O BNG do Condado-Paradanta baixo o lema 40 anos ao servizo de Galiza, celebra os 40 anos da súa fundación cun acto público, convidando a participar a toda a veciñanza da comarca e que terá lugar este sábado 19 de novembro ás 20:30h, no auditorio municipal de Ponteareas.
A especialista en mobilidade, Paula Teles, enxalzou onte o modelo de mobilidade de Ponteareas nun artigo publicado no principal xornal portugués, o Jornal de Noticias. Paula Teles é enxeñeira civil, presidenta do Instituto de Cidades e Vilas con Mobilidade en Portugal e fundadora da mesma institución en Brasil, experta en mobilidade e autora de numerosas publicacións sobre a materia.
A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, asinou xa a documentación que autoriza o inicio das obras de impermeabilización e reparación dos danos que sufriu o auditorio municipal de Ponteareas tras anos de filtracións e os graves danos causados polos arranxos executados de forma incorrecta no ano 2010 e que obrigaron ao seu peche hai dous anos para garantir a seguridade dos usuarios e usuarias. A previsión é que esta instalación volva estar aberta ao público en primavera.
Traballar a fondo para garantir o benestar da cidadanía en xeral e da infancia e mocidade en particular. Esa foi unha das reclamacións que fixeron os representantes do Consello da Infancia e Mocidade de Ponteareas, ‘Mentes Novas’, durante a súa participación este martes en Santiago no X Foro Infantil Parlamento de Galicia-Unicef.
A Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPPF-4), organiza este martes, a partir das 11:30 h, no Mercado de Abastos de Ponteareas, unha degustación gratuíta.
Ponteareas acolle este mes unha nova visita do programa ‘Coidados porta a porta’, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia e financiada con fondos europeos ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través do que se presta de balde servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos residentes na vila.
Os ‘Obradoiros’ da Facultade Ágora remataron hoxe en Ponteareas cun aplauso xeral ao modelo da vila implantado dende a chegada do actual goberno local, que permitiu aumentar a calidade de vida da veciñanza e que gañou, só nos últimos tres anos, 40.000 metros cadrados de espazo público para as persoas retirándollelo aos coches.
Ponteareas acolle esta semana dúas novas xornadas para doazón de sangue. A Concellería de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila o venres 11 e o sábado 12 de novembro.
Persoal técnico e político dos concellos da provincia de Pontevedra visitarán este xoves 10 de novembro Ponteareas para analizar in situ as obras realizadas na vila para a recuperación do espazo público.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.