Mércores, 14 Maio de 2025

Ponteareas

PP e EU de Ponteareas apoian a iniciativa de CCOO e UGT dunha retribución complementaria para os traballadores expostos ao COVID-19

O Grupo Municipal do PP e Esquerda Unida de Ponteareas únese á solicitude realizada polos sindicatos CCOO e UGT encamiñada a que se retribúa de forma complementaria aos empregados municipais que están a traballar durante a situación de Estado de Alarma.

O voluntariado de Ponteareas ofrecerá tutoriais de calceda a través da súa canle de YouTube

A voluntaria ponteareá Azucena de la Fuente Mateo ofrecerá titoriais de calceta a través da canle de YouTube 'Voluntariado Ponteareas' e a través da conta de instagram @voluntariadomedioambiental, nunha iniciativa que busca que mocidade e maiores únanse "para aprender a confeccionar prensas e creacións coas las doadas polo comercio local «calceta»".

De vagariño faise mellor o camiño

De sobra é coñecido que pasamos por unha situación totalmente inusual, excepcional e imprevista e como tal temos que actuar de xeito igual de excepcional para o que viña sendo o noso “normal” xeito de vida. E o primeiro e primordial é tomarnos a vida dun xeito máis pausado, reflexivo e empático (isto é especialmente importante).

‘Cruz Vermella Responde’, a resposta fronte ao COVID-19 para persoas en situación de vulnerabilidade

Desde o comezo desta crise, Cruz Vermella Española no Condado asegurou o mantemento dos seus programas esenciais e intensificou a súa actividade coas persoas máis vulnerables a crise sanitaria desatada polo COVID-19.

O Concello de Ponteareas apoia o traballo da protectora de animais Os Biosbardos cunha achega de 5.000 euros

Os orzamentos do Concello de Ponteareas, que entraron en vigor o pasado mes de marzo recollen unha partida de 5.000 euros destinada á protectora de animais de compaña 'Os Biosbardos'. É o segundo ano que se dá este apoio económico á protectora e a intención do Goberno, segundo explicou o Alcalde Xosé Represas, é mantela nos vindeiros anos.

O servizo municipal de augas de Ponteareas da conta cas medidas “excepcionais” durante a crise sanitaria

O Concello de Ponteareas informa das medidas adoptadas pola empresa xestora do servizo municipal de augas, VIAQUA, con motivo do estado de alarma. No marco desta situación temporal ampliarase o período de pago voluntario e non se executará ningunha acción de reclamación de recibos unha vez teña vencido o pago

A Biblioteca de Ponteareas celebra mañá o Día do Libro Infantil da mán de Isabel Blanco e Luz Beloso

A Concellería de Cultura e a Concellería de Lingua, dirixidas ámbalas dúas por Fernando Groba, convida a todas as familias a desfrutar do día do libro infantil da man da biblioteca pública municipal. A través do facebook de Cultura e Turismo Ponteareas veñen propondo, nestes días de quedar na casa, distintas actividades lúdicas e educativas que mañá, día do libro infantil, se centrarán nos máis miúdos e miúdas dos fogares.

O PP de Ponteareas, partidario de cancelar o pago de impostos de autónomos e empresas

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas lamentou hoxe que o Goberno local "non teña en consideración aos grupos da oposición", aos que, aseguran os populares, "nin consulta nin informa das medidas que se adoptan ante o Estado de Alarma no que nos atopamos".

Ponteareas suspende o cobro de taxas e impostos municipais

A medida do Concello e do ORAL afecta, entre outros, ao recibo do lixo, imposto de vehículos e as taxas da Escola Infantil, Conservatorio e Escola de Música, mercado e terrazas

A OMIC de Ponteareas da conta das últimas medidas adoptadas polo Estado en relación ás e os consumidores

A tenenta de alcalde Cristina Fernández, Concelleira de Consumo do Concello de Ponteareas, da que depende a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ponteareas, traslada á veciñanza as principiais medidas que afectan aos consumidores e consumidoras.

Os Biosbardos precisa axuda “para seguir axudando”

A crise sanitaria desatada pola pandemia do coronavirus ten outros efectos secundarios que, a meirande parte das veces, pasan desapercibidos como son os animais. A protectora Os Biosbardos de Ponteareas, asociación que funciona únicamente polo traballo, esforzo, tesón e ganas de voluntarios e voluntarias, da a voz de alarma "temos pienso para aproximadamente dúas semanas e a finais de mes, haberá que pagar factura veterinarias, comeza o calor e non temos desparasitacións externas e non temos nin podemos mercar collares para previr a leishmania".

A Escola Infantil de Ponteareas ofrece divertidas propostas para as familias con nenos e nenas menores de 3 anos

A concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, vén de proporcionar a todas as familias ferramentas lúdico didácticas e consellos útiles para facer do tempo de quedar na casa, un tempo de calidade no que fortalecer os vínculos familiares. Conscientes da complexidade de afrontar estes días de estado de alerta con pequenos e pequenas de 0 a 3 anos, a escola infantil municipal trasládalle as familias pautas e propostas para estes días.