Esquerda Unida de Ponteareas vén de solicitar ao Concello un cambio no sistema de balizamento da praia da freixa ao entender, como xa o fixo o pasado ano, que o sistema de 'corcheras' non é o máis adecuado ao provocar que se acumulen restos na zona de baño algo, sinala EU "algo que resulta como mínimo molesto para as persoas bañistas e que eventualmente podería ser contraproducente dende o punto de vista da hixiene".
A concelleira de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, acompañada polo concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, supervisou as tarefas de desinfección e limpeza realizadas nas pistas de tenis municipais co obxectivo de abrilas ao público nas mellores condicións sanitarias e de hixiene.
O Concello de Ponteareas continua habilitando novos espazos para os peóns na vila. Tras crear máis dun quilómetro de itinerarios peonís durante o mes de maio, a Concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera adoptou novas medidas dirixidas a recuperar espazos para as persoas. Por unha banda peonalizouse completamente a rúa Paseo Matutino no seu primeiro tramo entre Avenida de Galicia e a rúa Castañal.
O Concello de Ponteareas publicou no Boletín Oficial da provincia o anuncio da convocatoria de subvencións, por procedemento de concurrencia competitiva, a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realizaciòn de programas de carácter social no presente ano 2020. O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais contado a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma.
A concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, anuncou hoxe que xa están subidas na páxina web do Concello as bases e formularios para solicitar as axudas para investimentos destinada a colectivos de interese veciñal, dotadas con 10.000 €.
O goberno do BNG-PSOE informa que nestas primeiras semanas, dende o inicio do prazo de presentación de solicitudes, o Concello de Pontearas recibíu algo máis de 500 peticións de subvencións de 500 euros por peche de actividade ou de 300 euros por perdas superiores ao 40%. O prazo de presentación estará aberto ata 30 días despois de finalizado o estado de alarma.
O Concello de Ponteaeras mantén aberta a oportunidade de participar no concurso 'Eu Creo Na Casa', organizado pola Concellería de Promoción Económica e que ten como finalidade descubrir a potencialidade creativa realizada nas vivendas de todas e todos os ponteareáns durante o estado de alarma, por mor da Covid-19.
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, deu conta hoxe que na páxina web do Concello xa están a disposición das familias intereadas os impresos para solicitar praza na escola infantil municipal. O prazo abriráse o día 1 de xuño e rematará o 15 do mesmo mes.
O Grupo Municipal do PP vén de solicitar ao Concello de Ponteareas que se proceda a desescombrar "canto antes" distintas parcelas do municipio nas que se acumulan entullos de obras municipais. Estes "vertedoiros improvisados" sinala a portavoz popular Belén Villar, "están a xerar malestar entre a veciñanza e pode derivar en problemas de insalubridade".
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas vén de reclamar da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, información sobre a situación actual de tramitación do expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial (BIC) as alfombras de flores do Corpus de Ponteareas.
Alternativa Ciudadana de Ponteareas, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, vén de demandar ao Goberno local que as instalacións do Colexio Virxe dos Remedios "sexan destinadas, de maneira provisional, a aparcamento gratuíto para vehículos" e lembra que, amais "de reunir condicións" xa foi utilizado en anos anteriores a este fin "en épocas puntuais".
A concelleira socialista do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, deu a coñecer hoxe aos medios de comunicación a resolución firme da Audiencia Provincial de Pontevedra que desestima a denuncia por prevaricación interposta por tres membros de Protección Civil de Ponteareas cando Fernández ostentaba o cargo de Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade no ano 2019.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.