Xoves, 26 Xuño de 2025

Ponteareas

Nova acción de limpeza do río Tea, mañá venres, en kaiak

Dentro da programación de voluntariado ambiental xuvenil da concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó realizarase unha nova xornada de limpeza do río Tea este venres día 28.

A humanización da rúa Redondela inclúe 38 árbores de grande porte para a súa mellora ambiental, sombreado e ornamentación

A rúa Redondela contará con 38 árbores de grande porte e folla caduca que mellorarán ambientalmente e sombrearán os case 300 metros deste vial. Así se contempla no proxecto de humanización cuxas obras comezaron recentemente. Até agora a rúa dispuña nunha marxe de 6 aligustres de pequeno porte e noutra de 9 falsas acacias, situadas a maioría en beirarrúas estreitas, atrancando o paso peonil, e colocados debaixo dos aleiros ou dos balcóns das vivendas de maneira que non podían desenvolverse nin ofrecer sombra.

Unha colisión entre un coche e un camión deixa tres feridos en Ponteareas

Unha colisión entre un coche e un camión deixou tres feridos en Ponteareas. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse na A-52, ao paso pola parroquia de Guláns, cando pasaban uns minutos da unha desta tarde.

A FANPO asegura que os plans para o inicio do curso da Xunta son unha mostra máis “da improvisación por bandeira”

A FANPO, a federación que agrupa as ANPAS do ensino público do Condado, A Paradanta e a Louriña, a través so seu presiente, Alberto Vázquez, vén de cualificar de “improvisación” as afirmacións da conselleira de Educación da Xunta de Galicia, Carmen Pomar, ao defender a necesidade de que as nenas e nenos, especialmente as e os máis pequenos regresen ás escolar co consideralo a administración educativa como “o máis beneficioso”.

O PP lamenta “a tala de árbores e falta de consenso” na humanización da rúa Redondela

O Grupo Municipal do PP lamenta a "falta de planificación e consenso" Goberno local que está a remodelar a Rúa Redondela "sen ter en conta as necesidades e peticións dos residentes nesta zona", a firma a portavoz popular Belén Villar.

Ponteareas investirá máis de 400.000 euros na mellora da contorna da piscina municipal e centro de saúde

O goberno do BNG-PSOE informou da adxudicación das obras de humanización e mellora da accesibilidade no entorno do complexo deportivo Álvaro Pino e do Centro de Saúde por 403.228 €. A reordenación e integración urbana da contorna da piscina e do complexo deportivo Álvaro Pino e mellora da accesibilidade ao centro de saúde e espazos públicos anexos conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Remodelación e Mellora de Seguridade dos viarios municipais (DEPOREMSE)

Ponteareas pon en marcha o servizo de baleirado de fosas sépticas

O Concello de Pontearas vén de anunciar a posta en marcha o servizo de baleirado de fosas sépticas e pozos negros trala publicación este venres da Ordenanza reguladora que permite iniciar a tramitación das solicitudes a partir deste luns 24 de agosto. Este novo servizo municipal é financiado con fondos propios do Concello subvencionando así o coste do servizo.

As prazas de mobilidade reducida de Ponteareas “duplican o esixido legalmente”

A concellaría de Mobilidade e Tráfico decidíu ampliar a información sobre as novas prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, á vista dalgunhas dúbidas suscitadas entre veciñanza e persoas usuarias desas prazas. O concelleiro Roberto Mera explica que a nova política nesta materia parte do diálogo cos axentes implicados.

Ponteareas solicita á deputación unha axuda de 16.000 euros para mantemento do Servizo de Normalización Lingüística

O servizo de Lingua da Deputación de Pontevedra recibiu neste exercicio sete solicitudes de subvención para apoiar o mantemento e a posta en marcha dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos da provincia. O Concello de Ponteareas foi un dos que presentou a solicitude de axuda por unha contía de 16.000 euros (o máximo permitido) para facer fronte ao custe de persoal do departamento municipal, que xa está en funcionamento. A petición será agora analizada polos técnicos provinciais e, se non se producen contratempos, será aprobada proximamente.

Carlos Font, na súa visita a Ponteareas, fai un chamamento “á implicación de todos e todas na recollida e reutilización do lixo electrónico”

Ponteareas conta cun punto limpo adaptado á recollida de 'lixo electrónico' gracias ao investimento realizado pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo ESTRAEE. O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e o deputado de Infraestruturas e Vías Provincias, Gregorio Agís, xunto ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote e á concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, visitaron esta mellora e, a continuación, as obras de seguridade peonil realizadas no acceso á igrexa de Guláns na estrada provincial EP4004.

As Comunidades de Montes de Arcos e Ponteareas lamentan que “Medio Rural falta á verdade respecto ao lume forestal de Bugarín

As Comunidades de Montes de Ponteareas e Arcos acusaron a Medio Rural de faltar á verdade respecto ao acontecido no incendio de Bugarín o pasado día 10. Segundo os comuneiros, "a Xunta manipula a información cando rebate as acusacións e fai unha relación de medios despregados no lume". “Claro que houbo medios no incendio, –aseguran os comuneiros e comuneiras– pero actuando noutros puntos do mesmo. Porén a fronte do lume que avanzaba cara a Picaraña quedou por completo desatendida".

A concellería de Mocidade de Ponteareas organiza unha excursión á Siradella, O Grove, para coñecer a súa riqueza natural

A Concellería de Mocidade e Voluntariado, que xestiona Miguel Bouzó, vén de organizar para este vindeiro venres, 21 de agosto, unha excursión a Siradella. A actividade é totalmente de balde e está destinada a mozos e mozas a partir de 12 anos que poderán visitar o Centro de Interpretación do monte A Siradella e participar na ruta guiada no complexo Intermareal Umia-O Grove. Ademais visitarán o museo da Salga e Punta Moreiras.