18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA concellería de Mocidade de Ponteareas organiza unha excursión á Siradella, O...

    A concellería de Mocidade de Ponteareas organiza unha excursión á Siradella, O Grove, para coñecer a súa riqueza natural

    A Concellería de Mocidade e Voluntariado, que xestiona Miguel Bouzó, vén de organizar para este vindeiro venres, 21 de agosto, unha excursión a Siradella. A actividade é totalmente de balde e está destinada a mozos e mozas a partir de 12 anos que poderán visitar o Centro de Interpretación do monte A Siradella e participar na ruta guiada no complexo Intermareal Umia-O Grove. Ademais visitarán o museo da Salga e Punta Moreiras.

    O complexo intermareal Umia-O Grove está incluído na listaxe de humedais de importancia internacional (Humedal RAMSAR) e na zona de especial protección para as aves (ZEPA).

    A hora de saída será ás nove da mañá dende a estación de autobuses cun horario de chegada aproximado de arredor das 20:30 horas e para particpar é imprescindible inscribirse no enderezo electrónico omix@ponteareas.gal.

    Esta excursión forma parte do proxecto de voluntariado ambiental xuvenil que se está a desenvolver este verán e no que participan máis de vinte mozas e mozos. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.