Mércores, 25 Xuño de 2025

Ponteareas

Ponteareas recibe preto de 200.000 euros de axuda para reformar cinco escolas rurais

O Concello de Ponteareas vén de acadar unha subvención de 199.377,25 euros para acometer obras de reforma e eficiencia enerxética nas escolas de Areas, Moreira, Parada (Xinzo), Pías e Ribadetea todas elas integradas no CRA (Colexio Rural Agrupado) A Picaraña, segundo deu conta hoxe a primeira tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina F. Davila.

O luns inícianse as obras de humanización da Praza de Bugallal de Ponteareas

Este luns día 26 darán comezo as obras de humanización da Praza de Bugallal, cuxo prazo de execución está establecido en cinco meses e nas que se investirán máis de 600.000 euros. Os traballos que se van executar afectan ao centro neurálxico de Ponteareas e inciden directa ou indirectamente nos residentes e comercios de nove rúas do casco urbano. Tamén afecta a servizos públicos como o de taxis, recollida de lixo ou emerxencias e a actividades como os servizos relixiosos da igrexa católica ou a venda ambulante que deberá ser novamente recolocada noutras zonas da vila.

Ponteareas reafirma a súa aposta polos parques forestais con novos investimentos nos de Ribadetea e Xinzo

O Concello de Ponteareas vén de reforzar a súa aposta polos parques forestais coa realización de novos investimentos nos situados nos montes veciñais das parroquias de Ribadetea e Xinzo, segundo informou a concelleira de Medio Ambiente do Concello ponteareán, Rosa Covelo.

Ponteareas acada una subvención para a mellor o funcionamento de tres minidepuradoras

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu conta hoxe da concesión dunha subvención para mellorar o funcionamento das minidepuradoras existentes nas parroquias de Bugarín, Prado e Padróns. O goberno de Ponteareas do BNG e PSOE, despois de realizar unha auditoría do estado das instalacións das minidepuradoras para realizar as melloras, presentou o proxecto para lograr un funcionamento máis eficiente das instalacións das tres minidepuradoras de augas residuais.

O Concello de Ponteareas insta á veciñanza a manter a prudencia ante a situación epidemiolóxica actual

O Concello de Ponteareas, a través da concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, informa que a localidade vén de entrar no nivel 1 de alerta sanitaria, segundo fixo público a Xunta de Galicia. Isto implica que, nos últimos sete días, os novos casos positivos confirmados de COVID-19 sitúanse entre 7 e 14, non superando en todo caso os 14 nas últimas dúas semanas.

Ponteareas destina 230.000 euros en axudas para reactivar a economía local

O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova convocatoria de axudas para reactivar a actividade económica local, unha medida creada para axudar a paliar os efectos económicos, sociais e laborais derivados da Covid-19 nos negocios e pequenas empresas locais.

A ludoteca abríu xa as súas portas para traballar con grupos reducidos

A ludoteca municipal de Ponteareas, “Ludotea” é un espazo lúdico-educativo, ubicado na rúa Castelao, nº 23, desta localidade, e comezou a súa andaina en febreiro de 1998. Desde entón, son moitos os nenos e nenas que teñen acudido para gozar das súas múltiples actividades.

O goberno de Ponteareas propón o recoñecemento de 93.000 m² do casco histórico como Área de Rehabilitación Integral

O goberno do BNG e do PSOE informa á veciñanza que está tramitando o recoñecemento dos 92.875 metros cadrados que ocupa o casco histórico de Ponteareas como Área de Rehabilitación Integral (ARI). Declaración que será solicitada á Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia.

Ponteareas vístese de cor rosa con motivo do día mundial contra o cancro de mama

A Concellería de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, e a asociación de Cancro de Mama Pilar Domingo convidan a toda a cidadanía a amosar o seu apoio a todas as mulleres que padecen esta enfermidade.

A subdelegada do Goberno da a coñercer ao Concello de Ponteareas o proxecto de mellora da N-120 ao seu paso por Xinzo, Arnoso e...

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote reuníronse hoxe coa subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, nun encontro no que Larriba avanzoulles a redacción do deseño de trazado de mellora da seguridade viaria da N-120 ao seu paso polas parroquias de Xinzo, Areas e Arnoso. Na xuntanza tamén participaron o xefe da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez, un representante da empresa redactora do proxecto de trazado e membros da plataforma pola mellora da seguridade viaria da N-120.

O PP de Ponteareas denuncia a pouca accesibilidade para vehículos de emerxencia e persoas con movilidade reducida

O Grupo Municipal do PP lamenta que o municipio sexa pouco accesible para persoas con mobilidade reducida, transporte e vehículos de emerxencia. Os populares informan que esta mesma semana solicitarán o Plan de Seguridade e Movilidad onde se establecen protocolos de actuación que garantan unha rápida evacuación en casos de emerxencia.

Uxío Benitez pon a Ponteareas como exemplo “de recuperación do espazo público”

“Ponteareas é un exemplo de concello con iniciativa para recuperar o espazo público para as persoas e a Deputación vai apoialo con todos os seus medios”. Así o manifestou hoxe o deputado provincial de Mobilidade e Espazos Públicos, Uxío Benítez, nunha visita á vila de Ponteareas na que coñeceu ‘in situ’ o traballo realizado polo goberno local ao abeiro da filosofía do Plan Ágora, así como a recuperación de zonas para os peóns derivada dos requerimentos de distancia física motivados pola COVID-19 -que se fixo co asesoramento dos técnicos provinciais-.