Luns, 7 Xullo de 2025

Ponteareas

Vázquez Mao, “As estratexias de futuro de Ponteareas foron determinantes na súa incorporación ao Eixo Atlántico”

A alcaldesa en funcións de Ponteareas, Cristina Fernández Davila e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, compareceron hoxe en rolda de prensa para facer pública a integración de Ponteareas no Eixo Atlántico aprobada pola súa asemblea xeral esta mesma semana.

O goberno de González Solla foi condenado a abonar 46.000 euros en xuros polo impago das obras da Escola Infantil

O Goberno Municipal fixo públicos novos datos sobre a ampliación da Escola Infantil no ano 2006. As obras executadas baixo o goberno do alcalde González Solla no centro educativo realizáronse sen a autorización da Xunta ao non cumprir coa normativa vixente para estas instalacións.

Restrinxido o acceso á rúa Santa Ana dende o venres ás 8 horas até as 18 horas do sábado

O Concello de Ponteareas informa que como consecuencia das obras de instalación da caldeira de biomasa se restrinxirá o acceso rodado á rúa Santa Ana dende o venres 12 ás 8 horas até o sábado 13 ás 18 horas.

O día 15 de febreiro ábrese o prazo extraordinario de matrícula para o curso 2020/2021 da Escola Infantil Municipal de Ponteareas

A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa da apertura do prazo extraordinario de solicitude de matrícula na escola infantil municipal para este curso 2020-2021. O prazo de presentación de solicitudes será dende o 15 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos.

Ponteareas lembrará o Entroido a través de imaxes

O Concello de Ponteareas lembra durante estes días a tradición do entroido ponteareán ao longo das últimas décadas. Mediante diversos contidos audiovisuais nas redes sociais, con fotografías e vídeos de contido histórico, Ponteareas lembrará a actividade festiva propia de Ponteareas nestas datas,e nos axudan a recuperar a memoria histórica.

O Concello de Ponteareas apoia a candidatura do Mestre Rogelio Groba aos Premios Princesa de Asturias das Artes

O Concello de Ponteareas amosa a súa satisfacción diante da candidatura do Mestre D. Rogelio Groba Groba aos Premios Princesa de Asturias das Artes 2021, e fai público o seu apoio ante o que consideran un merecido e xusto recoñecemento. “A proposta supón un gran recoñecemento para o Mestre Groba, fillo predilecto de Ponteareas, é a máxima expresión da creación musical galega co catálogo de obras máis amplo e recoñecido de Galicia”, sinalou o alcalde ponteareán, Xosé Represas.

O Concello de Ponteareas licita as obras de acondicionamento do cámping A Freixa

O Concello de Ponteareas vén de licitar as obras de mellora e acondicionamento do cámping A Freixa, localizado nas proximidades do río Tea, para convertelo así nun espazo de campismo idóneo para o tempo de lecer.

O Concello de Ponteareas inicia os traballos de ensanche e mellora da vía A Cova-Cañoteira, nas Cortellas, Padróns

A Concellaría de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote, deu conta do inicio, esta semana, dos traballos de mellora da vía A Cova-Cañoteira nass Cortellas, parroquia de Padróns. As obras contan cun orzamento de 168.438 € financiados con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Ponteareas licita a construción da rampla peonil, pavimentación e valado da terraza do Centro Cultural de Ribadetea

O Concello de Ponteareas vén de licitar a execución da pavimentación e valado da terraza do Centro Cultural de Ribadetea, así como dunha rampla peonil de acceso á mesma. As obras contan cun orzamento total de 43.676,24 euros, ive incluído, e as empresas interesadas dispoñen dun prazo de presentación que rematará o vindeiro 11 de febreiro.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo e o PP de Ponteareas súmanse aos apoios da candidatura de Rogelio Groba aos Premios Princesa de...

A Xunta de Galicia vai propoñer ao músico e compositor D. Rogelio Groba Groba (Ponteareas, 1930) para a concesión do Premio Princesa de Asturias das Artes 2021. Tanto a Banda de Música Xuvenil de Xinzo como a súa Fundación móstranse favorable a esta proposta e o seu apoio xa foi transmitido á Xunta mediante unha carta. Na mesma liña manifestase o PP de Ponteareas que presentou unha moción ao Pleno da Corporación Municipal para que todas as forzas políticas se sumen ao apoio a esta candidatura.

Ponteareas contrata a redacción do proxecto de humanización da rúa Braña

O Goberno Municipal do Concello de Ponteareas vén de contratar o proxecto de humanización da rúa Braña. Trátase do primeiro paso para mellorar unha das principais rúas de acceso ao centro urbano de Ponteareas e que conecta unha das arterias principais, a Avenida de Castelao, coa zona máis céntrica da vila.

A Xunta expedienta ao Concello por ampliar a Escola Infantil en 2006 sen autorización e infrinxindo a normativa

O goberno municipal anunciou a incoación dun expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia en relación co funcionamento de dúas aulas da Escola Infantil Municipal. A decisión da administración autonómica afecta a 29 prazas dun centro que conta con 111 e ten unha elevada demanda de matrícula.