Domingo, 6 Xullo de 2025

Ponteareas

Luis López salienta “o traballo, a especialización e a innovación” do CIFP ‘A Granxa’ de Ponteareas

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitou onte o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Granxa de Ponteareas, un dos vinte que hai en Galicia, e destacou o compromiso do Goberno galego na modernización destas ensinanzas para adaptalas ás demandas e necesidades laborais das empresas.

Un colector amarelo xigante na rúa Rogelio Groba explica como superar o reto “recicla, respira e supérate”

Durante estes días, un colector amarelo grandes dimensións está exposto en Ponteareas, actuando de expositor efémero para explicarlle á cidadanía como reciclar adecuadamente no colector amarelo e así superar o reto “Recicla e Supérate”.

Ponteareas lanza a plataforma escaparate ‘Fai Ponte Con Nós’ para a promoción do comercio local

Ponteareas vén de estrear escaparate.ponteareas.gal, unha novidosa plataforma escaparate para o comercio local coa que o Concello busca apoiar á veciñanza e ao comercio de proximidade nestes tempos de cambio.

Ponteareas deu a coñecer as persoas gañadoras do concurso #TikTokTea

Ponteareas entregou os premios do concurso #TikTokTea, nun acto no que se deron a coñecer as persoas gañadoras de entre as 19 propostas presentadas ao certame.

Ponteareas pecha as súas contas en positivo por cuarto ano consecutivo, tras décadas de bancarrota

O Concello de Ponteareas encadea xa catro anos consecutivos en números verdes, tras facer oficial onte que o exercicio 2020 se pechou cun resultado positivo de máis de 200.000 euros. Este resultado revela que unha vez máis o Concello ingresou máis do que gastou.

Unha muller chama ao 112 Galicia para que a rescaten do interior dun pozo en Ponteareas

Unha veciña do lugar das Penas, en Ponteareas, chama ao 112 Galicia para pedir un rescate tras caer ao interior dun pozo. Así o explicou a propia afectada na súa comunicación co servizo de emerxencias cando apenas pasaban uns minutos deste mediodía.

O PP de Ponteareas solicitará unha alternativa na N-120, entre a rotonda de Canedo e Barral, que non perxudique aos negocios e residentes

O Grupo Municipal do PP presentou por rexistro unha solicitude de información en referencia ao pintado de liña continua levado a cabo na N-120, nun tramo moi amplo, entre a rotonda de Canedo e o Barral, no que se atopan numerosos negocios que ven enormemente prexudicados pola nova sinalización.

Charlas orientadas ao emprego no IES Pedra da Auga

A Concellería de Formación e Emprego, dirixida pola socialista Vanesa Fernández Soage, informa que a Axente de Emprego e Desenvolvemento local impartiu o mércores un obradoiro ao alumnado do IES Pedra de Auga de Ponteareas.

Ponteareas entrega este sábado os premios do concurso #TikTokTea

O Concello de Ponteareas celebra este sábado, 20 de marzo, o acto de entrega de premios ás persoas gañadoras do concurso #TikTokTea, unha iniciativa coa que as concellerías de Lingua e Mocidade pretendían estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlles visibilidade ás e aos 'tiktokeiros' ponteareáns.

O PP de Ponteareas volve a solicitar ao Goberno local que amplíe o persoal de bombeiros

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas visitou as instalacións municipais de Bombeiros para trasladarlles "o compromiso firme da Vicepresidencia da Xunta" de dotar ao corpo cun novo vehículo homologado e adaptado para a extinción dos incendios na Comarca do Condado.

Concello de Ponteareas e Zona Franca traballarán na realización dun plan estratéxico para impulsar o desenvolvemento económico local

O Consorcio da Zona Franca abre as portas a realizar un plan estratéxico para Ponteareas, que lle permita analizar o tecido económico e empresarial e tomar decisións para impulsar o municipio e a súa comarca tras a pandemia. Así se desprende da reunión mantida pola concelleiras socialistas de Emprego e Formación, Vanesa Fernández; e Vías e Obras, Chus Garrote; co delegado do Estado, David Regades, nas instalacións de Zona Franca en Vigo.

O peche por obras da Praza de Bugallal obriga a reordenar a circulación e accesos en once rúas a partires de mañá

O Concello de Ponteareas anunciou o peche ao tráfico da Praza de Bugallal a partires de mañá martes 16 de marzo como consecuencia das obras de humanización. Na Praza de Bugallal conflúen un total de sete rúas (Morales Hidalgo, Senén Canido, Enrique Rodríguez Troncoso, Constitución, Vidales Tomé, Oriente e Esperanza), que xunto a outras catro máis (Reveriano Soutullo, Concha Brey, Virxe dos Remedios e Rogelio Groba), verán reordenado o acceso e circulación en vehículos a motor para adaptarse a esta nova situación.