17.2 C
Pontevedra
Domingo, 4 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasLuis López salienta "o traballo, a especialización e a innovación" do CIFP...

    Luis López salienta “o traballo, a especialización e a innovación” do CIFP ‘A Granxa’ de Ponteareas

    O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitou onte o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Granxa de Ponteareas, un dos vinte que hai en Galicia, e destacou o compromiso do Goberno galego na modernización destas ensinanzas para adaptalas ás demandas e necesidades laborais das empresas.

    O representante autonómico –que percorreu as instalacións acompañado da alcaldesa en funcións de Ponteareas, Cristina Fernández; o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares; a tenente de alcalde Chus Garrote, e responsables do centro–, salientou o “traballo, a especialización e a innovación” deste CIFP, orientado fundamentalmente á impartición de ensinanzas relacionadas cos sectores agrario, das industrias agroalimentarias e de seguridade e medio ambiente.

    “A aposta da Xunta pola formación especializada e de calidade en aras da creación de emprego é indiscutible e evolucionou moito ao longo da última década, o que nos permite contar con institutos moi competitivos, un ensino de primeiro nivel, con prácticas que son fundamentais en moitos casos, e cunha oferta acaída e axustada ao que pide o mercado de traballo e o que necesitan as empresas”, indicou, ante o deseño dos ciclos formativos e a apertura do prazo de matrícula para o vindeiro curso 21/22.

    Ademais, Luis López explicou que a Xunta está renovando de xeito constante as modalidades de ensino segundo as demandas do mercado, o que motivou a estrea neste curso do ciclo de grao medio Aceites de oliva e Viños, que se imparte baixo o formato dual con prácticas en ata sete adegas e empresas da contorna.

    En total, o CIFP A Granxa conta, na actualidade, con 11 especialidades, que son o grao básico de Agroxardinaría e composicións florais, os graos medios de Produción agroecolóxica e Xardinaría e floraría, os superiores de Educación e control ambiental, Vitivinicultura e Xestión forestal e do medio natural, os modulares de Paisaxismo e medio rural, Vitivinicultura e Xestión forestal e do medio natural e o grao superior a distancia de Educación e control ambiental.

    O centro está considerado como unha referenza en toda España no seu ámbito formativo e dispón dunhas instalacións con máis de 80.000 m² nas que hai parcela vitícola con todas as castes galegas, parcelas de ensaios de plantacións, fincas para céspedes e estanques, máquinas e apeiros agrícolas, viveiros, invernadoiros, un pequeno embalse, adega e aulas da natureza e forestal, entre outras. “Creo que este centro é un exemplo da xestión da Xunta de Galicia e do traballo da súa comunidade educativa posto que ofrece unha formación moi específica e de calidade, orientada neste caso ao sector primario, que se adapta perfectamente ao que demanda o mercado”, concluíu o delegado territorial.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS