Domingo, 6 Xullo de 2025

Ponteareas

Luz verde de Patrimonio á rehabilitación do edificio para o Centro de Dinamización Empresarial de Ponteareas

“Patrimonio autoriza as obras do Centro de Dinamización Empresarial, que se realizará baixo a dirección do premiado arquitecto Jesús Irisarri seguindo as directrices do estudo de dinamización empresarial e impulso económico” anunciou hoxe a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, Eva Gil, quen subliñou que este será "o primeiro espazo municipal que ofreza un smartlab, un viveiro de empresas e posibilite o coworking, entre outras actividades encamiñadas a facer máis competitivo o noso tecido empresarial".

Un ciclista resulta ferido de consideración tras sufrir unha caída en Ponteareas

O ciclista foi evacuado nunha ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Unha persoa particular, sobre as doce do mediodía de onte, solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria para un ciclista que sufrira unha caída no Monte da Picaraña, xunto o refuxio de animais.

Ponteareas pon en marcha un proxecto para recoller toda a toponimia do concello

O Concello de Ponteareas vén de iniciar o proxecto de recuperación da toponimia no seu territorio. O goberno local botou a andar este ambicioso proxecto, que iniciou na parroquia de Xinzo, e percorrerá todas as parroquias ponteareás co obxectivo de recoller e recuperar os nomes que identifican os lugares e para evitar a perda desta gran riqueza patrimonial.

O Concello de Ponteareas ofrece información sobre axudas a Pemes, micropemes e persoas autónomas do sector turístico

A concellería de Formación e Emprego e a concellería de Promoción Económica e Turismo, dirixidas pola socialista Vanesa Fernández Soage e pola nacionalista Eva Gil Solla respectivamente, veñen de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa vén de publicar no Boletín Oficial de Pontevedra Núm. 44 a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de mellora da competitividade do sector turístico no marco do Programa de Competitividade Turística, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

Os populares de Ponteareas solicitan a modificación para que as asociacións sen ánimo de lucro poidan beneficiarse das exencións solicitadas

O Grupo Municipal do PP fará un rogo no pleno de marzo para solicitar ao Goberno local que tramite de forma urxente a ordenanza que exime e bonifica ás asociacións sen ánimo de lucro do pago de impostos como a taxa de ocupación de vía pública ou apertura de gabias cando solicitan licenza para unha obra.

Unha deficiente impermeabilización do ano 2010 dana o Auditorio Municipal de Ponteareas e impide a súa utilización

As obras de impermeabilización do Auditorio, executadas en 2010 mediante un convenio entre o Goberno municipal presidido daquela por Salvador González Solla (PP) e a Deputación dirixida por Rafael Louzán (PP), e nas que se investiron 1,3 millóns de euros, explican as filtracións e os graves danos que ven soportando o Auditorio e que obrigaron ao Concello de Ponteareas a pechalo. Así se conclúe nun informe elaborado polos servizos técnicos municipais que apuntan a posíbeis responsabilidades do promotor ou construtor da reforma realizada hai unha decada.

Twins Experiment presenta en Ponteareas “Conversación: Habitación o morada”

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, convida ao alumnado de secundaria e á veciñanza en xeral este luns día 15 a visualizar vía streaming en www.depo.gal e en ponteareas.gal a acción escénica “Conversación: Habitación o morada”. O acto contará coa presenza da Deputada de Cultura Victoria Alonso e da Alcaldesa en funcións M. Cristina Fernández.

O PP de Ponteareas solicitará o expediente do Servizo de Axuda no Fogar logo o Tribunal de Contratación o rexeite novamente o contrato

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas lamenta o que cualifica de "deixamento" do Goberno local logo de que o Tribunal de Contratación "suspenda por terceira vez" todo o aprobado recentemente no último Pleno da corporación local. Os populares consideran que Goberno non é capaz de sacar adiante este contrato e que "lles interesa seguir mantendo a situación de irregularidade coa empresa á que teñen prorrogado o servizo.

O CN Ponteareas medallista no Campionato de natación de España infantil de inverno

Esta fin de semana, do 5 ao 7 de marzo, Málaga acolleu o Campionato de natación de España infantil de inverno, ao que se presentaban un total de 72 equipos femininos e 83 masculinos. O CN Ponteareas participou no mesmo con 3 nadadoras que obtiveran a marca mínima clasificatoria para 10 probas individuais en total: Sofía Carballo, Iria Lemos e Rosette Otero.

Ponteareas pon en marcha a peonalización do Baratillo e ábrese ao tráfico San Roque como rúa residencial

A Concellaría de Mobilidade que dirixe Roberto Mera informou este sábado da entrada en funcionamento da peonalización da rúa do Baratillo e da apertura ao tráfico da rúa San Roque. Estas actuacións complétanse coa rúa Cortiña Vella á que só poden acceder residentes e autorizados desta rúa e de San Roque.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana inicia o proxecto da ‘circunvalación’ de Ponteareas

O goberno ponteareán vén de valorar positivamente o anuncio do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para o inicio dos traballos de redacción do anteproxecto da circunvalación ou variante de Ponteareas.

Ponteareas co mestre Rogelio Groba

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas vén de convidar a toda a veciñanza a apoiar a candidatura do compositor Rogelio Groba Groba aos Premios Princesa de Asturias das Artes 2021. Os vindeiros sábados colocarase unha mesa diante do Auditorio Municipal, entre as 11 h e as 13:30 horas, para recoller sinaturas de apoio á candidatura.