Domingo, 6 Xullo de 2025

Ponteareas

A Escola Infantil de Ponteareas abre á solicitude de praza dende o luns 5 de abril ao 7 de maio

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento dos interesados e interesadas que na páxina web do Concello xa están a disposición das familias os impresos para solicitar praza na escola infantil municipal.

A aula CeMIT de Ponteareas abre a inscrición para os novos cursos totalmente de balde

A concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Ponteareas, que dirixe Benito Márquez, vén de dar conta da apertura do prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a Aula CeMIT, situada no Centro Social na rúa Oriente. Neste mes de abril a aula CeMIT de Ponteareas ofrecerá cursos para maiores de manexo básico de Android, ordenador, navegación e correo electrónico.

Ponteareas pon en valor a figura de Fermín Bouza-Brey con motivo do 120 aniversario do seu nacemento

O Concello de Ponteareas, a través da súa Concellaría de Cultura que dirixe Fernando Groba, failles chegar marcapáxinas a todos os centros educativos e pousavasos a todas as cafetarías para divulgar e lembrar Fermín Bouza-Brey, un dos persoeiros máis importantes da nosa literatura con motivo do 120 aniversario do seu nacemento.

A Escola de Billar de Ponteareas celebra o seu XIV aniversario organizando o Open de billar

A Escola do Billar Centro Artístico Sportivo de Ponteareas celebrase entre hoxe mércores 31 de marzo, venres 2 e sábado 3 de abril, o Open de billar como conmemoración do seu catorce aniversario, un campionato no que participarán un total de 53 xogadores. Da boa acollida da iniciativa fala o feito de que houbera que crear unha lista de agarda para aquelas persoas interesadas en participar e que quedaron fora ao completarse o aforo da sala.

Os medios de extinción traballaron toda a noite sobre incendio que afectou á nave de peixe en Ponteareas

Despois de toda unha noite de traballo, os medios de extinción, desprazados ata o incendio da nave de peixe en Ponteareas, conseguiron sufocar a totalidade do lume.

Controlado o incendio que afectou a unha nave de tratamento de bacallau en Ponteareas

Os servizos de emerxencia que traballan na extinción dun incendio que está a afectar a unha nave de tratamento de bacallau en Ponteareas teñen o lume controlado, segundo informaron ao 112 Galicia os bombeiros de Ponteareas desprazados ata a zona do sinistro. O lume afectou a boa parte das instalacións aínda que, por fortuna, non se rexistraron danos persoais.

O voluntariado ambiental xuvenil de Ponteareas retoma as actividades cunha limpeza na contorna

Este mércores 31, o voluntariado ambiental xuvenil de Ponteareas retoma as súas actividades convocando a veciñanza da vila a participar nunha nova limpeza nas beiras do río Tea. Neste caso, o punto de encontro será ás 17 horas na Ponte das Partidas, na parroquia de Moreira, dende onde se procederá á limpeza de residuos que se atopen na zona de praia e nos seus accesos.

Ponteareas saca a concurso o Servizo de Axuda ao Fogar por máis de 900 mil euros ao ano

O Concello de Ponteareas sacará a concurso a continuidade na xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), por un valor estimado de 5.249.520 euros por un período máximo de 5 anos, dous de contrato inicial e outros tres en prórrogas dun ano cada un. Unha vez rematado o período de concesión da anterior empresa adxudicataria, o Goberno ponteareán convocou o procedemento para a renovación deste servizo.

O Concello conclúe as obras de rehabilitación da Casa Cultural de Arnoso

A alcaldesa en funcións de Ponteareas, Cristina Fdez. Davila, vén de facer entrega das chaves da Casa Cultural de Arnoso á asociación veciñal encargada da súa xestión, unha vez concluídas as obras de rehabilitación e mellora do edificio nas que o goberno local investiu máis de 100.000 euros dos fondos que lle corresponden a Ponteareas a través do Plan Concellos.

O goberno local de Ponteareas leva a pleno a normativa para regular o teletraballo no concello

O concelleiro de Recursos Humanos e Innovación Tecnolóxica, Benito Márquez, elevará ao pleno o próximo martes, 30 de marzo, o Regulamento para o Fomento do Teletraballo no concello de Ponteareas.

Orientación laboral para os xóvenes de Ponteareas e a Comarca

A concelleira de Emprego e Formación, Vanesa Fernández, iniciou dende principios de ano diferentes charlas nos centros educativos de Ponteareas e da Comarca para a orientación laboral dos xóvenes.

Ponteareas acolle este domingo o Torneo TTR sub 11 e absoluto de bádminton

O Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acollerá este domingo 28 de marzo o Torneo TTR nas categorías sub 11 e absoluta de bádminton, que se disputará a porta pechada e seguindo os protocolos sanitarios correspondentes.