Sábado, 5 Xullo de 2025

Ponteareas

O mercado municipal de Ponteareas máis preto de ser unha instalación enerxéticamente sostible

O pasado luns comezou a instalación de paneis solares no Mercado Municipal de Ponteareas, que avanza a bo ritmo aproveitando a situación meteorolóxica favorable tras unha parada de case dúas semanas por mor da chuvia. Da nova instalación xa están colocadas as canalizacións dende a cuberta ata os inversores, que son os encargados de converter a corrente continua que xeran as placas en corrente alterna que vai ao cadro eléctrico da instalación.

Os viais das parroquias ponteareás de Fozara e Paredes serán obxecto de obras de mellora

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, dirixida pola socialista Chus Garrote, continúa a traballar na mellora das condicións dos viais das parroquias para mellorar as súas condicións de seguridade e mellorar a mobilidade das veciñas e veciños.

A veciñanza de Ponteareas pon en marcha unha iniciativa civil para o recoñecemento institucional do Concello á figura de Xosé Represas

A veciñanza de Ponteareas vén de poñer en marcha unha iniciativa de cara a conseguir un recoñecemento institucional do Concello á figura de Xosé Represas. A iniciativa –que recolle sinaturas na web www.change.org– xurde para activar ese proceso de institucionalización, porén o obxetivo será que a corporación do Concello de Ponteareas incorpore nunha orde do dia das súas reunións plenarias un punto para o debate sobre a forma en que se debe producir ese recoñecemento público.

A Banda de Música CXuvenil de Xinzo pecha o 2020 cun balance económico favorable

Na Asemblea Xeral Ordinaria convocada o pasado 24 de abril, a Asociación da Banda de Música Xuvenil de Xinzo realizou un balance do ano académico e deu pequenas pistas do seu proxecto para 2021.

Sanidade establece o nivel máximo de restricións no concello de Mos e nivel medio para Ponteareas

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións no concello de Mos, ao igual que aos de Lobios, e A Pobra do Caramiñal.

Ata sempre alcalde!

Que comezo de semana máis triste cando me comunicaron o falecemento de Pepe Represas, alcalde de Ponteareas hai uns días. Coñézoo desde tempos mozos e sei moito das súas inquedanzas sociais a través dos anos. A súa vida foi unha continúa loita polas causas xustas e polos máis desfavorecidos.

Pepe Represas, un gran veciño orgulloso da súa vila e das súas parroquias

Coñecín a Xosé Represas coma un veciño, un gran veciño por certo... Un veciño que sabía moito de case todo. Coñecía ben as leis, os nosos dereitos,... Presidiu por primeira vez a súa comunidade de veciños no edificio onde residía a súa familia e a miña. Negociador incansable nas causas nas que cría, pero tamén pragmático e resolutivo como poucos.

Pepe Represas, un moi bo alcalde para Ponteareas

O dia de onte e de hoxe, son días tristes para min, como persoa e como Portavoz do Partido Socialista do Concello de Ponteareas. Pepe Represas non era un desconocido para min cando comenzamos esta andaina do Goberno; os Represas do seu apelido e os Represas do meu, son da mesma familia.

Até sempre Pepe

Luns, 24 de maio de 2021. Hoxe Ponteareas amenceu cuberta por unha néboa de tristura e dor. Na escuridade da noite, a morte venceu...

O Concello de Ponteareas, consternado polo pasamento do exalcalde Xosé Represas

O equipo de goberno do Concello de Ponteareas vén de amosar a súa tristura e a súa profunda dor polo falecemento do exalcade Xosé Represas. Así mesmo, vén de convocar un pleno extraordinario e urxente para as 14:00, no que se decretarán tres días de loito oficial.

Galician Brew, Foncalgás Xinzo e Guillermo Rodríguez, Premios ‘Ponteareas, Lingua e Empresa’ 2020

O Concello de Ponteareas entregou os Premios 'Ponteareas, Lingua e Empresa', relativos ao 2020, na Gala da Lingua de homenaxe á escritora Xela Arias Castaño. A través destes galardóns o Consistorio quixo recoñecer o labor de persoas e empresas que, día a día, achegan a lingua, dun xeito normal, aos consumidores e consumidoras e contribúen, deste xeito, ao aumento e mellora do uso social do galego no sector empresarial.

Cristina Fernández Davila, alcaldesa de Ponteareas

Cristina Fernández Davila (BNG) é, dende este pasado venres, nova alcaldesa de Ponteareas, tras obter a maioría absoluta dos votos da Corporación ao sumar 9 do BNG e 3 do PSOE. “Non existe unha honra maior que representar a todas as veciñas e veciños da nosa vila como alcaldesa de Ponteareas”, manifestou con emoción tras a súa proclamación.