Mércores, 16 Xullo de 2025

O Condado

Ponteareas continúa coa orientación laboral á mocidade de toda a comarca

Ponteareas continúa impartindo diferentes charlas nos centros educativos de Ponteareas e da comarca para colaborar na orientación laboral de mozos. Uns encontros co alumnado que “permiten abrir amplos espectros profesionais para a mocidade, que son o noso presente e o noso futuro”, como destaca a concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández.

O ciclo ‘Mestre Mateo’ arranca en Ponteareas

Ponteareas dá a benvida esta fin de semana ao ciclo ‘Mestre Mateo’, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que traerá á vila do Tea ao longo dos vindeiros meses e de forma gratuíta as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego.

O xoves 31 de marzo, nova actividade do programa Apego en Ponteareas

Ponteareas acolle este mes unha nova actividade do programa Apego, unha iniciativa colectiva “dirixida a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

A Semana das Ciencias de Ponteareas promove a igualdade a través dunha exposición

“O mar das mulleres” chegou a Ponteareas da man do obradoiro da profesora María Lorenzo “A maleta dos océanos”. A coordinadora do grao de Educación Primaria na facultade de Pontevedra traballou cos pequenos a vida no mar pero, esta vez, dende outra perspectiva.

Arrancou a VI Semana das Ciencias con obradoiros para primaria e conferencias para a ESO

A sexta edición da Semana das Ciencias arrancou onte en Ponteareas baixo o título “Sostibilidade e Cambio climático”. A alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández. Davila, abriu o programa de actividades visitando o CEIP Feliciano Barrera de Guláns.

Salvaterra de Miño fai entrega de novos composteiros

O Concello de Salvaterra de Miño volve a por a disposición dos seus veciños unha nova remesa de composteiros, dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares, grazas á adhesión ao programa de compostaxe de SOGAMA, que busca lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Ponteareas duplica o número de árbores no centro urbano en catro anos

Ponteareas conmemora o Día Mundial da Árbore coas mans na terra. Co gallo desta data e acompañados da alcaldesa, Cristina Fernández Davila, alumnado de aulas do Colexio Rural Agrupado do municipio plantou estes días varios exemplares nunha actividade centrada en poñer en valor a natureza e dar relevancia ás árbores autóctonas.

Participar na Semana das Ciencias de Ponteareas ten premio

Premiar o interese pero tamén a curiosidade e a participación. Así resume a alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, a decisión de sortear entre o alumnado dos centros educativos de Ponteareas un patinete eléctrico para adultos.

Ribadetea reclama o proxecto de execución do saneamento “para a totalidade” da parroquia ponteareá

A plataforma polo saneamento de Ribadetea solicitou por Rexistro una reunión coa Directora de Augas de Galicia para insistir en reclamar a redacción do proxecto de execución da totalidade da parroquia. Cómpre salientar que actualmente estase a redactar un proxecto de execución parcial que abarca tal solo ó 20 % dos veciños de Ribadetea.

Entra en vigor a nova ordenanza de mobilidade e utilización do espazo público de Ponteareas

Hoxe entrou en vigor a nova Ordenanza de Mobilidade e Utilización do Espazo Público de Ponteareas, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia o pasado 24 de febreiro sen que se presentaran alegacións.

O Concello de Ponteareas denuncia a negativa da Xunta a pagar a súa débeda pola Estación de Autobuses

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, lamentou a negativa da Xunta de Galicia a pagar ao Concello de Ponteareas a cantidade debida pola xestión da Estación de Autobuses dende 2011. Nun escrito remitido á alcaldesa, a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade alega que as perdas da Estación a pagar se limitan ao período 2011-2016 e se compensan coa ocupación de parte das instalacións por parte de colectivos sociais como Ponte Solidario.

A VI Semana das Ciencias conecta Ponteareas coa comunidade científica

Visibilizar a importancia da ciencia no noso día a día e conectar á cidadanía ponteareá coa ciencia é o obxectivo da Semana das Ciencias, así o resume a alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, que dende hai seis anos organiza e desenvolve esta exitosa programación.