Domingo, 20 Xullo de 2025

O Condado

O folclore internacional soará en Ponteareas coa nova edición do festival Algazara ‘Danzando entre Culturas’

O folclore internacional volverá danzar en Ponteareas este mes de xullo. O vindeiro domingo 24 de xullo o parque da Feira Vella acollerá unha nova edición do Festival Internacional Algazara ‘Danzando entre Culturas’.

Ponteareas, no alto da clasificación feminina en natación nos XIV Xogos do Eixo Atlántico

Grande éxito dos e das nadadoras ponteareás nos XIV Xogos do Eixo Atlántico, unha competición transfronteiriza que reuniu en Maia a máis de 2.200 deportistas de distintas disciplinas de 27 municipios galegos e lusos, a cifra máis alta nos catorce anos de historia desta competición.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visitará Ponteareas os vindeiros 15 e 16 de xullo

Ponteareas acolle esta semana dúas novas xornadas para doazón de sangue, máis necesarias ca nunca, xa que no verán as doazóns descenden de xeito drástico.

A Deputación asegurará as marxes da estrada EP-4005 con barreiras de seguridade

A Deputación está a licitar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-4005 Areas-Alxén-Cabreira, ao paso polo termo municipal de Ponteareas.

A Feira do Libro levará a vindeira semana ás rúas de Ponteareas máis de 40 actividades e propostas para todos os públicos

Ponteareas prepárase para acoller unha nova edición da Feira do Libro que, do 14 ao 17 de xullo, encherá a Praza Maior de sinaturas de libros, presentacións, recitais, actuacións e obradoiros para todos os público.

O Concello de Ponteareas abre o prazo de solicitude da Aula Matinal do curso 2022/23

O Concello xa ten aberto o prazo de solicitude para inscribir a nenos e nenas na aula matinal dos centros educativos públicos de Ponteareas que, un ano máis, o Goberno municipal subvenciona nos colexios de infantil e primaria tanto no ámbito urbano como no rural.

Mondariz continúa mellorando o campo municipal de fútbol da Lagoa

O Concello de Mondariz ten proxectado este ano mellorar a accesibilidade do campo municipal de fútbol da Lagoa, cun investimento de 62.000 euros.

Ponteareas súmase ao colector marrón

O Concello de Ponteareas avanza na organización, xestión e tratamento dos residuos e dá un paso máis para adaptarse á nova lei que obriga a vivendas, negocios e produtores a separar os seus restos orgánicos.

A aula CeMIT de Ponteareas prepara un mes de xullo centrado no lecer, a robótica, as vendas ou os idiomas

A aula CeMIT de Ponteareas prepara un mes de xullo centrado no lecer e na aprendizaxe a través de internet con seis novos cursos de balde para todos os públicos e centrados en temas actuais coas que achegar as novas tecnoloxías a persoas de todas as idades.

A Xunta aproba a construción dunha senda entre Oleiros e Leirado, en Salvaterra de Miño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou o proxecto de construción para a mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria na estrada autonómica PO-402, entre os núcleos de Oleiros e Leirado, no concello de Salvaterra de Miño.

O CN Ponteareas destaca no Campionato Galego Júnior e Absoluto de natación

A fin de semana do 1 ao 3 de xullo disputouse na piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato Galego Júnior-Absoluto de natación.

Dez deportistas representarán a Ponteareas nos Xogos do Eixo Atlántico que se celebrarán en Maia

Ponteareas contará con representación na nos XIV Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrará durante toda esta semana na cidade portuguesa de Maia. Dende este mesmo luns ata o vindeiro 8 de xullo, máis de 2400 participantes reuniranse para disputar este evento deportivo transfronteirizo que retoma a normalidade tras a pandemia.