Luns, 21 Xullo de 2025

O Condado

Ponteareas mellora as súas rúas peonís para convertelas en lugares de estancia e desfrute social

O Concello de Ponteareas iniciou esta semana os traballos de pintado e colocación de mobiliario urbano en 10 rúas peonís do centro urbano co obxectivo de mellorar a mobilidade peonil nas devanditas rúas e convertelas en espazos non só de desprazamento a pé ou en bici senón tamén de estancia e relación social.

Grande éxito do Club Natación Ponteareas no campionato de España júnior-absoluto

Sabadell acolleu o campionato de España júnior-absoluto de natación do 20 ao 24 de xullo. A piscina Can Llong foi testemuña de 5 xornadas trepidantes de competición con numerosos logros, récords e medallas.

A Deputación aproba novos recursos do Plan Concellos para Oia e Salvaterra de Miño

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra revalida o compromiso da institución provincial coa autonomía local ao aprobar 404.010 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos para outros tres municipios.

Éxito de participación na oitava edición do festival Danzando entre Culturas

Ponteareas acolleu unha nova edición do Festival Internacional Algazara ‘Danzando entre Culturas’, organizado pola Agrupación Folclórica Algazara en colaboración co Concello.

Roberto Mera, “arriscarse polos demais, con consciencia do perigo, ten un mérito insuperable”

Escribir unha opera prima está moi lonxe de ser doado e moito máis, se esa obra busca condensar, en 260 páxinas, a intensa vida dun persoeiro público exemplo claro de solidariedade e de calidade humana que tivo un papel determinante na evacuación das persoas exiliadas dende Francia, recen rematada a Guerra Civil, e que sen a intervención de Alejandro Viana estaban condenadas a un tráxico final.

Adxudicada a redacción do proxecto básico e de execución da obra que converterá a nave de ‘Aceros del Tea’ nun espazo innovador

O Concello de Ponteareas dá novos pasos para que a transformación da nave de Aceros del Tea nun equipamento sociocultural e de lecer innovador sexa unha realidade. Xa se adxudicou a redacción do proxecto básico e de execución, do informe de eficiencia enerxética e da dirección da obra de rehabilitación destas instalacións industriais situadas no corazón do centro urbano, uns traballos que “suporán profundo cambio en toda a contorna e que permitirán seguir recuperando espazos para as persoas.

O PP de Ponteareas recupera os seus tradicionais xantares populares logo de dous anos de pandemia

O PP de Ponteareas, logo de dous anos de 'parón' por mor da pandemia, volverá a celebrar os seus tradicionais xantares populares. A cita será o vindeiro 31 de xullo no parque Bouza Vella a partir das 13:30 h. Os populares recuperan así estes tradicionais encontros que viñan reclamando afiliados e militantes.

Ponteareas pon en marcha unha nova edición de ActivaTea, un campamento de verán para mozos de 13 a 17 anos

O Concello de Ponteareas pon en marcha este verán unha nova edición de ‘ActivaTea’, un campamento no que mozos e mozas de 13 a 17 anos poderán gozar dun amplo programa de actividades educativas e de lecer coas durante todo o mes de agosto.

Ponteareas leva a cabo a recuperación integral do Cruceiro do Torreiro, en Moreira

O Concello de Ponteareas vén de rematar a recuperación integral do cruceiro do Torreiro, na parroquia de Moreira, un ben de interese etnográfico que sufrira importantes danos materiais a finais de agosto de 2021 tras impactar contra el un vehículo que circulaba a alta velocidade pola zona.

Posta en valor do medio e igualdade, claves na programación do voluntariado ambiental xuvenil de Ponteareas

A posta en valor do medio, a redución de desigualdades e a prevención de adiccións son os eixes centrais dunha nova edición do programa de Voluntariado Ambiental Xuvenil, posto en marcha polo Concello para ofrecer aos case 5.000 mozos de 16 a 30 anos de Ponteareas a oportunidade de gozar, aprender e mellorar os vínculos coa súa contorna dun xeito lúdico e alternativo.

A Escola de Música de Xinzo abre o prazo de inscrición do vindeiro curso

O período para inscribirse no próximo curso dá Escola de Música de Xinzo (ESMU), que se impartirá entre setembro deste ano e o próximo xuño de 2023, xa deu comezo.

As Neves multará aos donos que non limparon as súas fincas de maleza

O Concello das Neves iniciou o procedemento para multar aos propietarios das fincas que non procederon a retirar a maleza e o arborado prohibido, aumentando así o risco de incendios forestais.