Xoves, 1 Maio de 2025

O Condado

Ponteareas abre, o luns 25, a inscrición para a Cabalgata dos Reis Magos

A concellería de Eventos que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández vén de dar conta que, dende o luns día 25, todas as familias interesadas poderán inscribir no Rexistro de Entrada da Casa do Concello aos seus fillos e fillas para participar na tradicional cabalgata dos Reis Magos que se celebrará o domingo 05 de xaneiro de 2020 e que percorrerá as rúas do centro urbano.

Ponteareas convoca novas axudas de apoio á creación e consolidación de emprego

O concello de Ponteareas abre o prazo para as axudas de apoio á creación e consolidación de emprego por parte da iniciativa privada na localidade. A subvención foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) de onte, 21 de novembro, e a cuantía ascende a 39.000 €

Ponteareas, sempre solidaria

O Goberno de Ponteareas, representado polo Alcalde Xosé Represas e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, mantiveron un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver no concello o programa 'Vacacións en Paz' que cada ano facilita o acollemento de nenos e nenas saharauís.

O PSOE de Ponteareas agradece que o Goberno socialista en funcións apoie ao municipio con máis de 7 millóns de euros

Hai unha semana, o Consello de Ministros aprobaba a modificación do convenio coa Sociedade Estatal de Augas das concas de España para a execución da ampliación da depuradora de Ponteareas. Esta obra de máis de 7 millóns de euros financiarase nun 60 % polo Estado a través da Unión Europea, un 20 % polo Concello de Ponteareas e outro 20 % pola Xunta, a través dun convenio pendente de asinar.

Ponteareas abre o proceso de participación para a humanización de tres novas rúas

O Concello de Ponteareas vén de abrir o proceso de participación para o deseño das rúas Daniel Ojea, rúa dos Mestres e rúa Vázquez Fraile, para o que convocou á veciñanza da zona a unha reunión que terá lugar este venres, día 22 de novembro, ás 20:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Presentación do «Comando Igualdade» e da webserie «S.E.X.» o mércores en Ponteareas

A concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera, a través do Centro de Información á Muller (CIM), presentará o mércores 20, ás 16:30 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal o 'Comando Igualdade' e a páxina web S.E.X., unha iniciativa que se enmarca dentro dos esforzos da Concellería "de procurar unha sociedade igualitaria".

Hoxe comezaron a aplicarse as novas medidas de seguridade nas obras da Escola Infantil das Neves

Dende este luns, e durante todos os días lectivos, ata o remate das obras da nova Escola Infantil de As Neves, as mesmas estarán paralizadas durante a entrada e saída dos estudantes do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. Así o acordaron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez e a concelleira de Educación, Pilar González Casas, co responsábel de seguridade desta obra e a directora da mesma.

O PP de Mondariz considera “inadmisibles”as palabras do alcalde sobre o Centro de Día

A portavoz do PP de Mondariz, Ana Corredoira, considera "inadmisibles" as declaracións realizadas polo alcalde do municipio, Xosé Emilio Barros, sobre o Centro de Día e esixe do rexedor local "un comunicado desmentindo a súa idea de pechar ese servizo".

Os colectivos sociais de Ponteareas apostan pola mellora do transporte público entre a vila e as parroquias

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, e o equipo redactor do Plan de Mobilidade mantiveron na pasada semana un encontro con colectivos veciñais para recoller opinións sobre os modos de transporte e desprazamento da poboación. Na reunión participaron varias ducias de representantes veciñais, a maior parte deles de colectivos parroquiais como comunidades de montes, asociacións veciñais e casas culturais.

«Conversas sobre o Rural Dixital», a complexidade do emprendemento rural

O acto de presentación do vídeo Conversassobreo#RuralDixital reuniu, este pasado xoves, a unhas trinta persoas na sede da empresa Galician Brew, na parroquia ponteareá de Padróns. O intercambio de opinións posterior á proxección do video, deixou patente a necesidade dun debate a fondo sobre as cuestións que afectan ao desenvolvemento rural no que teñan voz os seus e as súas protagonistas.

Nace en Ponteareas a primeira asociación para a defensa patrimonial do Val to Tea

O patrimonio do Val do Tea está de parabén. O venres, a sala multiúsos do Auditorio Municipal de Ponteareas acollía o acto de presentación da 'Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea', una iniciativa que busca, tal e como se subliñou en repetidas ocasións ao longo do acto, "a protección, defensa e vixianza do noso patrimonio".

Uultimos días para degustar, en Ponteareas, os máis sabrosos «Bocados de Outono»

Dende este xoves e ata o sábado 16 de novembro, veciñanza e visitantes terán a oportunidade de gozar da última cita cos petiscos dos Bocados de Outono. A partir das 20 horas poderanse degustar as dezaoito tapas que se ofrecen nesta ruta gastronómica por 2,50 € cada unha delas.