Venres, 2 Maio de 2025

O Condado

Xunta e Concello de Salvaterra asinan o convenio para a reforma do antigo consultorio médico de Leirado

A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, veñen de asinar un convenio de colaboración para a reforma do antigo Consultorio Médico de Leirado, co fin de destinalo a un centro onde se presenten servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, enmarcados dentro do programa de desenvolvemento Rural Sostible.

ACiP leva ao xulgado “a negativa” do Goberno local de facilitarlles acceso á información do Concello

ACiP vén de anunciar a presentación, o pasado día 25 de novembro, dunha denuncia no Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra contra o Concello de Ponteareas "ante a negativa reiterada do alcalde de dar acceso a expedientes solicitados en base ao artigo 14 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Administracións Públicas (ROF).

Mondariz prepara unha zona azul gratuíta no centro urbano

Os comerciantes e hostaleiros de Mondariz, tanto os membros de Merca Mondariz coma os que non forman parte desta asociación, foron convocados recentemente polo goberno a unha reunión informativa sobre a nova zona azul gratuíta que se prepara no centro urbano e a próxima campaña de Nadal.

O Club Natación Ponteareas presenta os equipos para a tempada 2019-2020

O Club Natación Ponteareas presentou a súa tempada 2019-2020 nun acto celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo e que contou coa presenza do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Deportes, Nahir Covelo e a concelleira de vías e Obras, Chus Garrote.

O Secretario Municipal avala a compatibilidade de Roberto Mera

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu a coñecer o informe do asesor xurídico e actual secretario municipal do Concello, que avala a legalidade da autorización dada polo Pleno ao edil Roberto Mera para compaxinar o exercicio da avogacía coa súa adicación no goberno municipal. O informe xurídico sinala que "o recurso de Belén Villar debe ser rexeitado".

«Educación+Igualdade = -Violencia», gañadora do concurso de frases de Salvaterra contra a violencia de xénero

'EDUCACIÓN+IGUALDADE= -VIOLENCIA' de Diego Estévez Rivera, foi elixido como slogan gañador do concurso que, dentro do programa de Educación en Igualdade e Prevención da Violencia, organiza o Concello de Salvaterra de Miño en colaboración do IES e no que participan máis de 200 mozos e mozas.

Ponteareas abre o «Divernadal», un espazo lúdico para nenos e nenas

O concello de Ponteareas, a través das Concellerías de Eventos e de Promoción Económica, convida a todas as familias a participar nunha nova edición de Divernadal. Todos os sábados de decembro dende as 17 ata as 19 horas as máis pequenas e pequenos dos fogares poderán atopar baixo a carpa da Praza Maior un espazo de lecer donde aprender e divertirse.

Salvaterra mellora a seguridade viaria con pasos sobreelevados a través do plan «DepoRemse»

O Concello de Salvaterra de Miño ven de asinar o contrato para 'mellora de seguridade víal mediante pasos peatonais sobreelevados nos viais municipais de Salvaterra de Miño' a través do Plan Provincial Deporemse, por un importe de 178.265,57 € e un prazo de execución de dous meses e quince días.

Mondariz debatirá en Pleno a situación do Centro de Día

Mondariz afronta unha débeda de 156.875 euros co Consorcio Galego de Benestar Social polo Centro de Día que, a día de hoxe, non está recollida en ningunha partida orzamentaria porque o Concello funciona cun orzamento pensado para 2017.

A mocidade de Ponteareas paricipou no VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia

A tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, acompañaron onte ao alumnado de Ponteareas que participou no 'VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia', celebrado no Salón de Plenos da Cámara galega coa intervención de representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente dos municipios galegos.

A ponteareá Sabela Martínez Viéitez recibe un premio no concurso de relato e debuxo contra a violencia de xénero

A alumna de 3º da ESO do CPR A Inmaculada, Sabela Martínez Viéitez, recolleu onte no auditorio Afundación en Pontevedra o premio do III concurso de relato e debuxo contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación do Goberno nesta cidade.

Consellería de Cultura e Concello de Salvaterra asinan un convenio para promoción turística

O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, veñen de asinar un convenio para a promoción turística do municipio a través da instalación e posta en servicio de pantallas e monitores en distintos puntos do casco urbano, de forma que os visitantes teñan acceso directo á información.