Ponteareas abre o «Divernadal», un espazo lúdico para nenos e nenas

O espazo situado nunha carpa na Praza Maior, estará aberto durante todos os sábados do mes de decembro

O concello de Ponteareas, a través das Concellerías de Eventos e de Promoción Económica, convida a todas as familias a participar nunha nova edición de Divernadal. Todos os sábados de decembro dende as 17 ata as 19 horas as máis pequenas e pequenos dos fogares poderán atopar baixo a carpa da Praza Maior un espazo de lecer donde aprender e divertirse.

O espazo, segundo explica o Concello Ponteareán, segue “a liña de traballo da transversalidade” ademais de ofrecer ás familias un servizo de entretemento infantil totalmente de balde, “tamén se facilita que os adultos poidan dispor de tempo para realizar as súas compras no comercio local”.