Xoves, 15 Maio de 2025

O Condado

Ponteareas contará cun «Catálogo de Propostas Culturais»

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de publicar as bases para a creación do catálogo de propostas culturais do concello de Ponteareas para o ano 2020. Este catálogo ten a tripla función de ás entidades interesadas dunha ampla oferta de propostas culturais, promocionar as iniciativas artísticas locais e impulsar a riqueza da cultura popular existente no concello.

O Servizo de Orientación Laboral de Ponteareas asesora ao alumnado dos centros educativos

A concellería de Formación e Emprego, que dirixe Vanesa Fernández, informa que o servizo de orientación laboral do concello de Ponteareas comezou as visitas aos centros educativos da comarca do Condado para informar ao alumnado das saídas laborais e tamén da oferta de estudos da que dispón.

Ponteareas acolle unha acción formativa para impulsar a plantación e aproveitamento de froitos do bosque

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e a concellería de Formación que dirixe, Vanesa Fernández, informan que o vindeiro 9 de marzo o Centro de Desenvolvemento Local (CDL) acollerá a actividade formativa “Depofroitos” que pretende impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos, sobre todo en terreos abandonados, e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade.

Alfonso Porto, “González Carrera non ten autoridade moral algunha para dar leccións a ninguén”

A portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Chus Garrote, ratifocouse hoxe no que compromiso que vén de manifestar públicamente o seu "compromiso e responsabilidade co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como sempre fixemos, tanto cos veciños e veciñas de Ponteareas como coas empresas asentadas na nosa vila”.

ACiP asegura que o Goberno local “condea a Ponteareas a seguir sen Plan Xeral”

Mañá día 13 de Febreiro termina o prazo para que a Xunta de Galicia aprobe ou rexeite a aprobación do Plan Xeral e a decisión do Concello de Ponteareas de solicitar a suspensión temporal do prazo de aprobación é cualificado polo portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, como unha "fuxida para adiante".

O PP de Ponteareas afirma que se pide unha prórroga á Xunta “para que aínda non se pronuncie sobre o PXOM”

O PP de Ponteareas, que asegura ter sido informado "por fontes autonómicas", que o Concello de Ponteareas solicitou unha prórroga á Xunta para que a administración non se pronuncie en relación ao PXOM, desmentiu que por parte da admistración autonómica "non se queira informar" sobre o documento e que tan so concederon máis tempo "para que solucione os problemas" que ao entender do PP, ten o documento.

Augas de Galicia acometerá a reparación das sendas fluviais do Tea en Mondariz

Na última sesión ordinaria do Pleno, a Corporación Municipal de Mondariz aprobou por unanimidade un convenio de colaboración entre o Concello e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para a reparación das sendas fluviais dos ríos Tea e Xabriña que resultaron danadas polas riadas de 2016.

Ampliado o prazo para revisar e aprobar definitivamente o PXOM de Ponteareas

O Goberno municipal de Ponteareas vén de informar da ampliación do prazo para que a Xunta aprobe definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Desde que se iniciou na Xunta de Galicia a revisión do documento urbanístico, aprobado provisionalmente polo Pleno o pasado mes de outubro, mantivéronse diferentes reunións entre responsabeis políticos e persoal técnico das dúas administracións.

O CPA Condado de Salvaterra subcampión galego en Grupos Show Pequenos

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, coa coreografía Detrás de la piel revalidaba onte domingo, 9 de febreiro, o seu título de subcampión galego na modalidade de 'Grupos Show Pequenos' no transcurso do campionato celebrado en Vigo e organizado polo C.A.R.P.A. Viqueira.

O PP solicitará á Deputación a reforma dos campos de Pardellas e a creción dunha pista de atletismo

Os deputados populares, Miguel Domínguez e Alejandro Lorenzo, visitaron esta pasada semana as instalacións de Pardellas, en Ponteareas, acompañados pola portavoz popular no Concello ponteareán, Belén Villar, para coñecer de primeira man a situación das instalacións deportivas municipais.

Ponteareas adianta unha nova convocatoria de axudas de 150.000 euros ás traídas de augas

O alcalde de Ponteareas, o nacionalista Xosé Represas, adiantou este venres que o Concello ten previsto realizar nas vindeiras semanas, unha nova convocatoria de...

«Salvaterra sen barreiras» ou como permitir a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora

O IES Salvaterra de Miño fixo entrega ao Concello de Salvaterra de Miño dun estudo titulado 'Salvaterra sen barreiras', sobre a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora no casco urbano de Salvaterra de Miño. A iniciativa desenvolveuse dentro do Proxecto Erasmus + KA3, ACT (Active Citizenship Projects to Enhance Pupils Social and Civic Competenced), un proxecto de Cidadanía Activa para mellorar as competencias social e cívica.