Mércores, 9 Xullo de 2025

O Condado

AporM solicita ao goberno local a “reactivación inmediata” da Feira dominical de Mondariz

Alternativa por Mondariz presentou, o pasado día 18 de maio, un escrito no rexistro xeral do Concello no que solicita ao Goberno local que “se reactive de maneira inmediata a Feira dominical sempre, sinala, “delimitando os espazos para respectar as distancias e garantir a vixilancia e seguridade de todas e todos os asistentes”.

ACiP urxe ao Goberno local a crear novos aparcadoiros públicos gratuítos

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, vén de demandar ao Goberno local que as instalacións do Colexio Virxe dos Remedios "sexan destinadas, de maneira provisional, a aparcamento gratuíto para vehículos" e lembra que, amais "de reunir condicións" xa foi utilizado en anos anteriores a este fin "en épocas puntuais".

A presión do Goberno local e da veciñanza das Neves logra que Abanca volva a abrir de luns a venres

A oficina de Abanca nas neves abrirá as súas portas de luns a venres a partir do luns día 25. Logo das presións do Goberno local e da veciñanza, a entidade bancaria atenderá ao público os cinco días da semana de 8 horas a 14:15 horas, nun horario que era o habitual antes da declaración do estado de alarma e, ademáis, volverá a contar con dúas persoas na sucursal.

A Asociación Lazoiro reclama o fin dos herbicidas en Salvaterra no Día Mundial das Abellas

Nun intento de concienciar á sociedade sobre a importancia, tanto no medio ambiente como na sociedade, das abellas, Nacións Unidas decretou o 20 de maio como o día mundial da abella. Ese día, ademais de amosar a relevancia destes pequenos insectos, procura alertar sobre as ameazas ás que se enfrontan as abellas na actualidade.

A Audiencia Provincial considera que a concelleira Vanesa Fernández non cometeu ningún tipo de irregularidade

A concelleira socialista do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, deu a coñecer hoxe aos medios de comunicación a resolución firme da Audiencia Provincial de Pontevedra que desestima a denuncia por prevaricación interposta por tres membros de Protección Civil de Ponteareas cando Fernández ostentaba o cargo de Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade no ano 2019.

Os reis de España agradecen a invitación da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas

Os reis de España Felipe VI e Leticia Ortíz, a través dun escrito enviado polo xefe do gabinete de planificación e coordinación da casa da súa Maxestade o Rey, Emilio Tomei de la Vega, e dirixido ao presidente da asociación de alfombristas do corpus Christi de Ponteareas Miguel Angel García Correa, "lamentan sinceramente a noticia da suspensión do Corpus Christi 2020" ao mesmo tempo que agraceden a invitación "para asistir á festividade do próximo ano".

O PSOE de Ponteareas valora positivamente o “apoio unánime” da oposición á modificación orzamentaria

O PSdeG-PSOE de Ponteareas fixo público un comunicado de prensa no que quere recoñecer públicamente, "como membro do goberno municipal", o apoio dos grupos da oposición (PP e ACiP) para unha modificación presupostaría "que permiten mellorar a situación dos nosos veciños, autónomos e pemes".

O Pleno de Ponteareas aproba, por unanimidade, modificar o orzamento para paliar os efectos da COVID-19

O Concello de Ponteareas aprobou este luns por unanimidade a modificación do orzamento por un importe de 1.137.000 euros, dos que máis de 650.000 € teñen como finalidade intentar paliar os efectos da crisis sanitaria do coronavirus no Concello. Este foi o segundo punto da orde do día da sesión extraordinaria e urxente celebrada onte, sendo o primeiro pleno virtual da historia de Ponteareas, utilizando o sistema telemático que permite a realización de Plenos, Comisións e Xuntas de Goberno Local non presenciais.

Ponteareas reafirma a súa aposta pola eficiencia enerxética co investimento de máis de 100.000 euros na Escola Infantil

O Goberno municipal do BNG-PSOE de Ponteareas anuncioua adxudicación das obrasde rehabilitación enerxética da escola infantil municipal, traballos que contarán cun investimento de 104.342,01 € e que dan contiuidade aos esforzos do Concello ponteareán "de conseguir melloras na calidade de vida da cidadanía".

A Xunta realiza traballos de limpeza e roza na estrada PO-510 que comunica O Porriño e Salvaterra de Miño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a levar a cabo esta semana traballos de limpeza e roza nas franxas situadas nas marxes da estrada autonómica PO-510, que comunica os municipios do Porriño e Salvaterra de Miño.

As Neves inicia o cambio de céspede do campo de fútbol ‘Pepe Capón’ moi danado polos incendios do 2017

O Concello das Neves comezou este venres pasado, día 15 de maio, os traballos de substitución do céspede do campo de fútbol 'Pepe Capón', que estaba seriamente danado debido ao incendio de 2017.

O PSdeG-PSOE de Ponteareas lamenta a oposición “irresponsable e mentireira” do PP ponteareán

Os socialistas de Ponteareas veñen de denunciar o que cualifican de "última falcatruada" dos concelleiros do PP de Ponteareas difundindo entre o persoal municipal "a mentira de que o Goberno Municipal coa colaboración de ACIP" tiña a intención de baixarlle o soldo os traballadores "atrevéndose incluso a dicirlles que ían quedar sen paga extra", afirma o PSdeG-PSOE.