O PSdeG-PSOE de Ponteareas fixo público un comunicado de prensa no que quere recoñecer públicamente, “como membro do goberno municipal”, o apoio dos grupos da oposición (PP e ACiP) para unha modificación presupostaría “que permiten mellorar a situación dos nosos veciños, autónomos e pemes”.
O PSdeG-PSOE amosa o seu convencemento de que este “é o momento de traballar todos xuntos, con capacidade de cesión e acordo, con propostas serias e responsables, xa que e o que os nosos veciños esperan de nós”.
A modificación orzamentaria aprobada dotará a Ponteareas de un fondo de mais de 650.000 € para facer fronte a crise do COVID-19, prestando especial atención as familias máis vulnerables, así como os autónomos e pemes.
Concretamente estas axudas irán, entre outras cuestións, a:
• Axudas directas autónomos e pemes – 230.000 €
• Axudas complementaria a reactivación económica – 180.000 €
• Axudas de Emerxencia Social – 135.000 €
• Centro de Reparto de Alimentos – 24.000 €
O PSOE lembra que a estas partidas “sumaranse novas achegas económicas de cara a incentivar as compras e consumo no comercio local a través do Bono Comercio, así como, impulsarase unha plataforma en internet para que os nosos comerciantes poidan ter acceso a colocar os seus produtos é servizos a través da rede”.
Con estas axudas o Goberno Municipal, afirman as e os socialistas ponteareáns, “esta asumindo competencias que van mais alo do que lle corresponde” e lembran que estas axudas “as tería que dar a Xunta de Galicia que é quen ten as competencias en materia de emprego, sanidade, educación, servizos sociais, etc… competencias que non exerce e que en consecuencia están deixando os veciños e veciña de Ponteareas abandonados ante esta grave crise”.
Para o PSOE de Ponteareas, o Goberno da Xunta “está mais preocupado nos intereses electorais do Sr. Feijóo que en por os recursos que os cidadáns necesitan”, porén os socialistas ponteareáns, afirman, “seguiremos reclamando e esixindo a administración autonómica que cumpra de unha vez por todas coas súas obrigas e dote os concellos dos fondos económicos suficientes para paliar os efectos negativos do COVID-19”.