O goberno de Ponteareas do BNG-PSOE informa que vén de adxudicar por 424.654,18 euros as obras que transformarán por completo a rúa Redondela. Adxudicación realizada despois dun concurso público ao que se presentaron máis dunha ducia de empresas.
O goberno municipal de Mondariz vén de facer públicas as Bases que rexen a convocatoria para participar no Campaverán 2020 incluída no programa de conciliación persoal, familiar e laboral «Mondariz concilia»”. Alternativa por Mondariz denunciou que “quedaron fóra moitos nenos e nenas de Mondariz cuxos pais e nais coidan a persoas dependentes, que é un traballo en toda regra, aínda que non estea retribuído”
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de remitir un escrito á sucursal de ABANCA no municipio no que pide "a urxente retirada" das comisións que a entidade estalle a cobrar a súa clientela e "a reposición das mesmas".
A Casa do Concello de Ponteareas tínguese, nestas noites, coas cores do Arco da Vella. Bérrase, a través de luces, a favor da igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual. As cores LGTBIQ+, tan diversas como iguais, falan de diversidade e de respecto pero, sobre todo de dignidade.
A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que 252 alumnos e alumnas de secundaria realizarán as probas de selectividade en Ponteareas. O alumnado dos centros de ensino secundario dos concellos da Cañiza, As Neves, Mondariz Balneario e Salvaterra achegaránse os vindeiros días 7, 8 e 9 de xullo para realizar xunto ao alumnado ponteareán as probas que lle permitirán acceder ao sistema universitario.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vén de licitar hoxe as obras de ampliación da escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño por un importe de algo máis de 200.000 euros e un prazo de execución de seis meses. As empresas teñen 26 días naturais desde a publicación do expediente na Plataforma de Contratos de Galicia e no perfil do contratante do Consorcio para a presentación de ofertas.
A asociación 'Ponte Solidario' de Ponteareas vén de poñer en marcha un máis que interesante proxecto dirixido ao alumnado con dificultades para seguir a teleformación durante o confinamento. Ante a discriminación de que estaban sendo obxecto estes nenos e nenas, Ponte Solidario optou por ofrecerlles clases de reforzo gratuítas, co obxectivo de mellorar o seu nivel académico de cara ao próximo curso. As clases serán impartidas por mestras voluntarias durante os meses de xullo e agosto.
A Concelleira de Benestar do Concello das Neves, Pilar González Casas, visitou o Centro de Saúde da localide para mostrar o agradecemento do Concello pola súa colaboración ao longo destes meses. "Foi un exemplo de boa comunicación e coordinación por ambas partes, que permitiu atender en tempo real as necesidades do centro e coñecer a situación da pandemia no noso territorio en todo momento", sinalou a concelleira.
O cabeza de lista do BNG, Luís Bará, mantivo hoxe en Ponteareas unha reunión de traballo cos alcaldes do Condado na que propuxo a creación dunha nova Lei de Financiamento Local para realizar un reparto xusto e igualitario dos fondos entre os concellos galegos. O nacionalista destacou que é preciso crear un Fondo Único que aglutine os recursos autonómicos en materia de cooperación cos concellos e reduza as subvencións.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, asistiron á entrega dos primeiros selos de 'Comercio Seguro', enmarcada na campaña que desenvolve a asociación de comerciantes Banastra en colaboración coa Federación provincial de Comercio, Turismo e Mercados.
Hoxe sábado 20 de xuño, ás 19 horas e no local do Vide, o Concello das Neves fará un pequeno acto de recoñecemento e agradecemento ao traballo feito por un numeroso grupo de mulleres costureiras das Neves –chegaron a ser 40, de practicamente todas as parroquias e de todas as idades–, que durante o confinamento e ata hoxe, dedicaronse a coser máscaras e batas que se distribuían a través do obradoiro organizado por Maite Isla, en Ponteareas.
O Pleno extraordinario do Concello de Ponteareas celebrado este pasado martes aprobou, por unanimidade, unha bonificación do 95 % da taxa municipal de terrazas de hostalaría. “Unha medida de apoio á hostalaría diante da crise do coronavirus”, manifestou a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.