Martes, 8 Xullo de 2025

O Condado

As Neves mellora a conexión a Internet por medio da Wi-Fi municipal

O Concello das Neves continúa a mellorar as posibilidades de conexión a Internet nos edificios públicos, nas parroquias e centro urbano.

Irlanda e Senegal compartirán escenario en Ponteareas nunha nova edición de ‘Algazara Danzando entre Culturas’

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba e o grupo Algazara de Celeiros veñen de presentar unha nova edición de 'Algazara Danzando entre Culturas' que terá lugar o domingo día 2 partir das 22 horas no parque da Feira Vella co patrocinio do Concello ponteareán.

Alfombristas de Ponteareas participan en Santiago no deseño de tres tapices florais na honra do Apóstolo

A asociación ponteareá Corpus As Monxas, como membro da federación da Asociación Galega de Alfombristas de Arte Efémera, participou activamente durante a noite do día 24 de xullo na elaboración de tres tapices florais na honra do Apóstolo, un acto que contou coa presenza dos reis de España.

Ponteareas convoca novas axudas aos clubs deportivos

A Concelleira de Deportes, Nahir Covelo, deu conta dunha nova convocatoria de axudas aos clubs deportivos de Ponteareas por importe de 50.000 euros, mantendo así a cifra dos últimos anos a pesares da crise do coronovirus que obrigou ao Concello a destinar centos de miles de euros para facer frente a esta pandemia mundial.

O Concello de Ponteareas acláralle ao PP que non conta “con ningún can policía”

O Concello de Ponteareas aclarou que "non conta con ningún can policía" saíndo así ao paso das acusacións realizadas polo Partido Popular nas que afirmaba que o can “non está operativo por falta de formación e medios”, que o Concello gasta cartos “nun can que non existe” e que os axentes non o poden utilizar.

Isabel Blanco lerá en Ponteareas o manifesto do Día da Patria Galega mañá 24 de xullo

Ponteareas celebra o Día da Patria Galega mañá día 24 de xullo coa lectura do manifesto a cargo da escritora Isabel Blanco, un acto ao que o alcalde, Xosé Represas, convidou a participar a toda a cidadanía.

O Concello de Ponteareas anuncia que os mercados e feiras dos sábados que coincidan en festivos, trasladaranse sempre ao venres

A concellería de Promoción Económica informa que os mercados e feiras dos sábados festivos pasarán a celebrarse sempre os venres. Promoción Económica estudou as...

Ponteareas pon en marcha un campamento de verán para mocidade

A Concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, vén de anunciar a posta en marcha de "ActivaTea", un campamento de verán para mozas e mozos de entre 13 e 17 anos. As actividades desenvolveranse ao aire libre os martes, xoves e sábados en horario de 10 a 14 horas, e dividiranse en dúas quendas a escoller, do 28 de xullo ao 15 de agosto e do 18 de agosto ao 5 de setembro, cun prezo de 15€.

Xornada nocturna gratuita en Mondariz

A noite do venres 24 de xullo viviremos unha experiencia de interpretación de ceo nocturno e da observación astronómica.

Ponteareas reforza a oficina de Padrón e Estatística con máis persoal e cita previa automatizada telefónica e na web

O goberno local de Ponteareas reforzou esta semana a Oficina de Padrón e Estatística coa incorporación dun novo traballador, que se engade aos dous habituais do servizo. Ao mesmo tempo, entrou en funcionamento o sistema de cita previa automática a través da web do Concello e do teléfono 886405106.

Dbarrio chega a Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño presentou, da man das Asociación de Comerciantes Unes e Aces, a plataforma subvencionada de apoio ao comercio local dbarrio.com. A intención das asociacións e do Concello é modernizar o sector e potenciar as ventas online a domicilio de comercios e restaurantes locais.

Curso de iniciación ao fototrampeo para achegarse á fauna de Ponteareas

A concellería de Voluntariado de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, vén de abrir o prazo de inscrición para a celebración dun curso básico de fototrampeo, no marco das actividades do voluntariado ambiental xuvenil.