Venres, 13 Decembro de 2024

Isabel Blanco lerá en Ponteareas o manifesto do Día da Patria Galega mañá 24 de xullo

Ponteareas celebra o Día da Patria Galega mañá día 24 de xullo coa lectura do manifesto a cargo da escritora Isabel Blanco, un acto ao que o alcalde, Xosé Represas, convidou a participar a toda a cidadanía.

A lectura do manifesto terá lugar ás 21 horas no parque da Feira Vella e, tras a lectura do manifesto, terá lugar a actuación dos Amigos da Unión de Guláns e o dúo Leni Pérez e Roberto Comesaña.