9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas reforza a oficina de Padrón e Estatística con máis persoal e...

    Ponteareas reforza a oficina de Padrón e Estatística con máis persoal e cita previa automatizada telefónica e na web

    A oficina viuse desbordada coa volta á nova normalidade diante da avalancha de solicitudes e da atención con cita previa

    O goberno local de Ponteareas reforzou esta semana a Oficina de Padrón e Estatística coa incorporación dun novo traballador, que se engade aos dous habituais do servizo. Ao mesmo tempo, entrou en funcionamento o sistema de cita previa automática a través da web do Concello e do teléfono 886405106.

    Segundo explica Roberto Mera, concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, coa reapertura ao público da oficina o pasado mes de xuño “producíuse unha avalancha de solicitudes das persoas que non as puideran facer durante o confinamento así como pola apertura de prazos de matrículas e outros procedementos como as moratorias hipotecarias, a renda mínima vital ou as axudas municipais a autónomos nas que se requiren certificados de empadronamento”. A crise sanitaria obrigou a establecer o sistema de cita previa que foi xestionada desde a propia oficina polo seu persoal, o que provocou un menor ritmo na tramitación de expedientes e solicitudes e unha listaxe de agarda que alcanza xa até comezos de agosto.

    Para paliar esa problemática púxose en marcha o pasado luns o sistema de cita automática a través da web e do teléfono 886405106 de maneira que o persoal da oficina pode adicarse xa por enteiro á tramitación de expedientes. Coa incorporación doutro traballador máis estanse reprogramando as citas e adiantándoas respecto á data inicialmente asignada.

    Mera explicou que na oficina de Padrón e Estatística houbo que xestionar nun mes o traballo de case tres meses, pedíu comprensión á veciñanza “porque as medidas derivadas da crise da Covid19 conlevan procesos de adaptación e maior lentitude na atención cidadá” e pedíu desculpas “polos trastornos que se puideran ter ocasionado”. O edil pide á cidadanía que informe de calquera incidencia na atención cidadá a través do correo participacioncidada@ponteareas.gal para poder mellorar esa atención.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.