10 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizXornada nocturna gratuita en Mondariz

    Xornada nocturna gratuita en Mondariz

    Observación astronómica "Camiño das estrelas"

    A noite do venres 24 de xullo viviremos unha experiencia de interpretación de ceo nocturno e da observación astronómica.

    Con esta experiencia astronómica pretendemos achegar a astronomía, de forma sinxela. Hoxe día hai un gran descoñecemento do cosmos, e é por iso que o principal obxectivo desta experiencia é a divulgación das marabillas do universo, mergullándonos no cosmos ata o punto de ter a sensación de tocas a Lúa e os planetas, creando unha experiencia única.

    Esta actividade está dirixida a calquera persoa de 6 anos en adiante. Os/as menores terán que vir acompañados por unha persoa adulta.

    O prazo de inscrición estará aberto ata as 14 h do mesmo 24 de xullo. Se estás interesado/a en participar, ponte en contacto coa OMIX do concello de Mondariz. 986 664 306 / 680 964 461 – omix@concellodemondariz.com

    Non se atenderá a ninguén persoalmente se cita previa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.